Galicia segue arroxando datos alentadores no referido ao número de casos de coronavirus activos nas áreas sanitarias galegas. A pesar duns días experimentando pequenos repuntes nalgunhas áreas, este sábado os datos do Servizo Galego de Saúde indican que ningunha das áreas galegas experimenta un aumento de casos esta xornada. Desde onte, a comunidade perdeu 36 casos activos, o que supón un descenso máis lento que onte pero que reafirma a melloría constante en Galicia, que este luns entra na fase 2 da desescalada.
Galiciapress entrevista a José Antonio Cacabelos, alcalde do Grove, que rexeita de pleno a proposta da Xunta de aplicar un sistema de cita previa para as praias, pide máis recursos á administración autonómica e expón os distintos puntos nos que traballa o seu goberno nesta crise. “As praias son un ben público e calquera cidadán ten dereito a acceder a elas. Non imos dar preferencia a ninguén”, argumenta.
Cos primeiros días de calor empuxando a moitos á costa e a piques de saber se Galicia pasará á fase 2 da desescalada –que supón o fin das restricións nas zonas de baño– Galiciapress contacta cos gobernos dalgúns dos municipios máis turísticos de Gaiicia para saber como están a xestionar esta crise que lles obriga a facer malabares para manter o difícil equilibrio entre garantir a seguridade cidadá e manter á boia unhas economías tan vinculadas ao turismo.
A investigación do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) conclúe que a figura dos coñecidos como “supercontagiadores” foi fundamental para a propagación do virus na comunidade galega e no resto do planeta.
Os representantes do persoal critican o tratamento informativo que están a realizar tanto a radio como a televisión pública de Galicia “para facerlle a precampaña a Feijóo” por medio da cobertura da información sobre o coronavirus.
O de Salceda de Caselas chama á porta de Luís Enrique e espera recuperar a súa mellor versión no ano que resta ata a celebración da Eurocopa.
O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, manifestou a súa desconformidade coa ferramenta ofrecida pola Xunta e avoga por explorar outras solucións.
Por terceira vez desde o 9 de xullo, o alcalde da Cañiaza, Luís Piña, volveu presentar ao Servizo Galego de Saúde a petición de cobertura correspondente á praza de médico do centro de Valeixe.
A estimación que fai a Consellería de Sanidade é que ao redor de 30.000 galegos están inmunizados. Nese sentido, máis mulleres que homes gozarían de inmunidade: 17.000 por 13.000.
A situación entre a área da capital e na área da cidade termal é similar ao que ocorre coa Coruña e Vigo, xa que as dúas teñen cifras parellas: 168 a compostelá; 171 a auriense. Mentres, Pontevedra, Lugo e Ferrol mantéñense como as áreas menos afectadas pola enfermidade.
A empresa cárnica galega puxo en marcha unha iniciativa xunto á axencia das Nacións Unidas “co fin de paliar os efectos que a crise do coronavirus pode ter sobre a infancia”.