As áreas de Santiago, Ferrol e Pontevedra manteñen o letargo nas súas cifras, con 48 horas sen descensos, segundo o SERGAS

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven ofrecer, un día máis, unha retardación no descenso de casos activos das áreas galegas. Mentres que o conxunto das áreas ve minguados os seus algarismos, as áreas se Santiago, Ferrol e Pontevedra levan dous días sen cambios. Estancados nos mesmos índices que arroxaron o pasado domingo, as tres áreas suman xa 48 horas de hibernación. Isto non significa que non se produzan altas, senón que a pesar de que algúns pacientes deixen de ser casos activos os novos positivos terminan por compensar a gráfica. 


|

Os datos do Servizo Galego de Saúde volven ofrecer, un día máis, unha retardación no descenso de casos activos das áreas galegas. Mentres que o conxunto das áreas ve minguados os seus algarismos, as áreas se Santiago, Ferrol e Pontevedra levan dous días sen cambios.


Estancadas nos mesmos índices que arroxaron o pasado domingo, as tres áreas suman xa 48 horas de hibernación. Isto non significa que non se produzan altas, senón que a pesar de que algúns pacientes deixen de ser casos activos os novos positivos terminan por compensar a gráfica. 



QUE É UN CASO ACTIVO?

Aínda que hoxe non se dá o escenario de repuntes leves que vén sendo habitual en Galicia desde hai semanas, hai que ter en conta que estes datos da Xunta refírense a os casos activos. É dicir, a persoas que deron positivo por PCR ou anticorpos e que aínda non deron negativo nunha proba PCR.


Así, se o SERGAS fai probas de anticorpos a todos os traballadores, por exemplo, dun centro de saúde, probablemente aparecerán algúns positivos, que deben sumarse ao cálculo de casos activos. Agora ben, se despois dan negativo en PCR significa que xa superaron a enfermidade, polo que hai que borralos da lista de casos activos e sumalos á de recueperados. O tempo que tardan eses PCR de contraste alimentou pasados repuntes leves sufridos este mes en todas as áreas sanitarias. 


ÁREAS CON DESCENSO

Mentres hai tres áreas estancada -cabe destacar que Pontevedra e Ferrol son as que contan con menos casos activos de toda Galicia- , hoxe hai que celebrar que Ourense, que onte tampouco tivo alteracións nos seus algarismos, ve aliviada a súa gráfica. De feito, a área auriense é a que rexistra a maior caída, con sete casos menos. 


Vigo e A Coruña, as máis afectadas, tamén ven minguadas as súas cifras, con tres e catro casos activos menos respectivamente. Isto, aínda que é unha boa noticia, significa que a área olívica segue contando con máis casos activos que fai unha nove días. Pola súa banda, Lugo só perde un caso desde onte.




Segundo o SERGASo número de casos activos de coronavirus este martes 2 de xuño en Galicia ascende a 707 dos cales 158 son da área da Coruña, 39 de Lugo, 68 de Ourense, 28 de Pontevedra, 259 de Vigo, 135 de Santiago e 20 de Ferrol. 





Isto implica que hoxe en  Galicia hai 15 casos activos menos que onte -onte foron 10 menos-. Continúa o descenso de casos activos a nivel autonómico, pero faio de maneira moi lenta. Con todo, o descenso diario hoxe é un 0,7% mellor que onte: 2,1% por o 1,4% do luns, o peor dato desde o día 28 de maio, cando se situou nun 1,3%.


Tamén sofre variacións a media móbil semanal da porcentaxe de caída, que levaba dous días marcando un -2,4%. Cos datos de hoxe sitúase nun -2,3%, como o pasado sábado. 


IwnkT coronavirus casos activos por reas sanitarias de galicia (11)





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE