​Os consultorios de Palmeira e Corrubedo quedan sen médicos por orde do SERGAS, denuncia Esquerda Unida

A forza política denuncia a situación na que viven as dúas parroquias ribeirenses, que en plena crise sanitaria ven ameazada a continuidade dun servizo tan importante.


|

A forza política denuncia a situación na que viven as dúas parroquias ribeirenses, que en plena crise sanitaria ven ameazada a continuidade dun servizo tan importante.


Desde Esquerda Unida critican a “decisión unilateral” de privar aos veciños afectados desta asistencia, que agora terán que acudir ao centro de saúde local, con todos os inconvenientes que os traslados desde os dous núcleos poboacionais pode ocasionar.



O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

Esquerda Unida reclama a Sanidade o matenimiento do servizo


Na mesma liña, Esquerda Unida denuncia que esta decisión “non foi xustificada con informe algún”, que só se ampara en “cuestións de saúde laboral” e que é outra mostra máis do “deterioración da Atención Primaria”, á que a Xunta de Galicia leva sometendo de forma “constante na última década”.


Esquerda Unida considera que non se pode entender como se a Xunta de Galicia aduciu cuestións de saúde laboral para desprazar aos médicos, o resto do persoal dos consultorios continuou nas mesmas dependencias”, replican desde a forza política, á vez que “esixe á Consellería de Sanidade que garanta a continuidade do servizo”.


“A Xunta debe dar cobertura ás ausencias e permisos do persoal mediante substitución”, argumentan. A continuación, insisten na necesidade de manter o servizo nos dous consultorios e anticipar as “medidas necesarias” para dotalos dos medios para afrontar un rebrote do coronavirus. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE