Unha ferramenta do concello de Santiago permite aos composteláns saber se cumpren ou non os requisitos para o Ingreso Mínimo Vital
O Concello de Santiago puxo en marcha este luns un 'simulador' online no que os cidadáns, cubrindo "campos moi sinxelos", poden coñecer se cumpren os requisitos para acceder ao ingreso mínimo vital, do que, segundo as estimacións municipais, poderían beneficiarse ao redor de 1.500 familias da cidade.

A intención é informar previamente os cidadáns para que o 15 de xuño, cando se abra o aplicativo online para solicitar este ingreso, teñan "unha posición proactiva" e "estean en disposición de entregar toda a documentación" requirida para acelerar a súa recepción.
O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, estimou que este beneficio podería alcanzar a entre 1.500 e 1.800 familias da cidade. O cálculo realizouno en relación coas 1.400 familias que apoian economicamente xa desde o Goberno central, 1.300 desde o bono alimento e o resto coa renda social municipal.
Sánchez Bugallo destacou así mesmo que, a pesar de que se rexistraron novas altas, no mes de maio xa se produciron 97 baixas no bono de alimentación.
Sobre a aplicación do ingreso mínimo, o alcalde lembrou que o concello dispón de fondos para manter o bono de alimentos ata finais de xullo, polo que destacou como "dificultade importante" os tres meses de tramitación para resolver a solicitude que ten o ingreso anunciado polo Goberno. "Estudaremos en que formas podemos axudar a estas familias", explicou.
Escribe o teu comentario