Delegadas da CIG de Ferrolterra, de centros como os DomusVi de Narón ou Ferrol, critican a situación penosa que viven os persoais, onde falta persoal para atender en tempo e forma a decenas de residentes, moitos deles grandes dependentes, e outros, cada vez máis, menores de 65 anos pero con "graves problemas mentais"
A aprobación a nivel estatal dun novo modelo de residencias esta semana non convence nin á Xunta, que votou en contra, nin a Rede, unha das principais asociacións de familiares en Galicia. Vellez Digna fai unha primeira lectura ambivalente. CERMI e a Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía apláudeno.
Tras acumular máis do 40% das mortes na primeira onda do coronavirus, as residencias de anciáns galegas volven estar no epicentro da pandemia. Hai máis de 228 contaxiados, entre residentes e traballadores, con brotes graves na de Outeiro de Rei e na do Incio. Nesta última, faleceron 15 persoas de coronavirus recentemente.
A Consellería de Política Social "edulcora" o impacto real do coronavirus en Galicia dando unha imaxe "falsa" das residencias ao "non incluír información dos residentes que están ingresados ou que morreron en hospitais". Esta é a grave denuncia lanzada hoxe pola Alianza Galega polos Servizos Públicos para Maiores e Dependentes.
Freire Chico SL (Airas Nunes Cátering) deixará de prover desde o seu central os alimentos e os utensilios de cociña para as escolas infantís da Xunta. Así o anunciou onte a Consellería de Política Social o mércores pola tarde. O prezo do menú rolda os 3,9 euros.
"Canallada". Así cualifica unha deputada socialista o "atraso de tres anos" na construción dun centro para persoas con diversidade funcional por parte de la Xunta en Ourense. Noela Branco asegura que mentres a Consellería de Política Social non constrúe este centro, se financia os proxectos privados da Fundación San Rosendo, cuxo líder foi condenado por roubar 600.000 a unha persoa con alzheimer.
Aos bebés nados en agosto, está a chegarlles a axuda mensual en decembro. Tal é o atraso da Tarxeta Benvida por falta de fondos, que a Xunta pretende solucionar cambiando o prazo de solicitude.