Anos de atraso para un centro público de discapacitados mentres se financian 800 prazas privadas

|

"Canallada". Así cualifica unha deputada socialista o "atraso de tres anos" na construción dun centro para persoas con diversidade funcional por parte de la Xunta en Ourense. Noela Branco asegura que mentres a Consellería de Política Social non constrúe este centro, se financia os proxectos privados da Fundación San Rosendo, cuxo líder foi condenado por roubar 600.000 euros a unha persoa con alzheimer.



Fundacion san rosendo fabiola

A Conselleira de Política Social cos actuais directivos da Fundación San Rosendo este decembro


A socialista argumenta que a Comunidade Autónoma leva tres anos reservando orzamento para a obra. Tres anos nos que non executou ese orzamento. 


Mentres, a Fundación cuyo presidente de honra segue sendo o cura delincuente Benigno Moure acaba de anunciar, precisamente, un centro para discapacitados na comarca de Ourense. A Fundación San Rosendo é unha das maiores prestadoras privadas de servizo público de Galicia e recibe unha gran cantidade de diñeiro público.  Nunha reunión hai un mes, a conselleira de Política Social presumiu, precisamente, de financiar oitocentas prazas en residencias privadas de San Rosendo para maiores e discapacitados.


O Parlamento, que domina o PPdeG, aprovó unha proposta da política do PSdeG para reclamar a licitación da obra antes de maio de 2019. Está por ver se non volve quedar en papel mollado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress