Abre o prazo para solicitar os campamentos de verán e de voluntariado da Xunta

A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, presentou este luns o programa de actividades de verán de la Xunta, que este ano convoca 9.834 prazas de campamentos e campos de voluntariado para mozos.

|

O DOG publica hoxe as normas para participar nos campamentos de Política Social, que se poden solicitar desde o martes e que este ano inclúen tres novos ciclos


A conselleira de Política Social, Fabiola Garcia, presentou este luns o programa de actividades de verán de la Xunta, que este ano convoca 9.834 prazas de campamentos e campos de voluntariado para mozos.


A Xunta oferta 9.834 prazas para campamentos e campos de voluntariado para este verán

Así o anunciou Fabiola García nunha rolda de prensa en compañía da directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, na que informou da convocatoria de prazas da campaña 'O verán que queres vivir', con actividades nos meses de xullo, agosto e setembro que buscan dinamizar o sector da educación e do tempo libre, fomentar o voluntariado desde unha vertente formativa e mellorar a conciliación da vida familiar e laboral.

Esta proposta de la Xunta inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades autónomas e co estranxeiro, actividades concertadas e campos de voluntariado, entre outras cuestións.

PRAZO DE SOLICITUDE
De feito, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos de verán en Galicia e noutras comunidades. Neste caso o prazo ábrese este martes e pecharase o próximo 7 de maio. Pola súa banda, a convocatoria para inscribirse nos campos de voluntariado abrirase o vindeiro xoves, día 25, e pecharase o 10 de maio en primeira convocatoria.


Camapamento verán xunta

Poderán participar nestas actividades os mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade e, ademais, este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección de la Xunta e outras 52 para fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero, destacou a conselleira.

A campaña de verán deste ano incorpora tres novos campamentos: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío.

ACCIÓNS DE VOLUNTARIADO
En relación aos campos de voluntariado (antigos campos de traballo), inclúen este ano cinco novas propostas (ata 30): 'A terra que habita non mar', no Grove; unha iniciativa de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro campo de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado 'Riós, unha mar de castiñeiros'; e, por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal, sobre o Camiño de Santiago, e que terá lugar en Boqueixón e Vedra.

En cifras, a campaña de este verán ofrece en total 9.834 prazas, 62 máis que o ano anterior. Do total, 643 serán prazas en campos de voluntariado, 40 máis que o ano pasado, e a oferta concertada aumentará ata as 1.255 prazas. Haberá 6.335 prazas en campamentos para menores de 18 anos, 320 noutras comunidades, e 322 prazas en campos de voluntariado no estranxeiro ou outras comunidades.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE