A ONCE organizará o seu próximo congreso estatal en Galicia
A ONCE presentou, na Coruña, o cupón do 5 de decembro conmemorativo do Día Internacional do Voluntariado coincidindo co XX Congreso Estatal, que se celebrará en Ourense os días 28 e 29 de nociembre.
A ONCE presentou, na Coruña, o cupón do 5 de decembro conmemorativo do Día Internacional do Voluntariado coincidindo co XX Congreso Estatal, que se celebrará en Ourense os días 28 e 29 de nociembre.
O acto contou coa presenza do delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, quen fixo fincapé no liderado de Galicia en materia de participación social.
Sobre a iniciativa da ONCE, sinalou que levará a imaxe do Congreso sobre Voluntariado por toda España. Tamén aproveitou para resaltar a solidariedade como "un dos elementos que mellor define aos galegos e galegas".
Pola súa banda, Martínez Pan explicou que a Organización Nacional de Cegos conta con varios programas de traballo para voluntarios, para reforzar a consecución da autonomía persoal e inclusión social das persoas con cegueira ou discapacidade visual grave.
Escribe o teu comentario