Así son os minicampamentos 'Coñece Galicia' para nenos con estancias en hotel a 25/€ día todo incluído

Desde este venres está aberta a convocatoria que busca ofertar un novo recurso de conciliación

|

 

Os beneficiados poden ser nenos empadroados en Galicia entre 10 e 14 anos no momento da solicitude


Presentaciu00f3n campamentos Cou00f1ece Galicia

 Fabiola García, acompañada do alcalde de Valdoviño, Alberto González, presentaron esta mañá no hotel A Roda, na praia de Meirás do municipio de Valdoviño, os mini-campamentos 



A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou este venres os minicampamentos da Xunta 'Coñece Galicia' que ofertan 600 prazas para menores con estancias en hotel.


O PRAZO ABRE O VENRES

"Hoxe mesmo os pais van poder comezar coa inscrición dos seus fillos, cunha oferta de cinco días de aloxamento nos hoteis", explicou a titular de Política Social.

Sobre esta iniciativa, indicou que lles permite cumprir con "un dobre obxectivo, como é poñer ao dispor de todas as familias de Galicia un recurso de conciliación, estar en compañía doutros nenos e coñecer a nosa comunidade, ao mesmo tempo que os pais poidan atender aos seus traballos e quefaceres diarios".

Estas manifestacións realizounas Fabiola García no municipio de Valdoviño (A Coruña), nas inmediacións dun hotel situado na praias de Meirás, onde estivo acompañada do alcalde desta localidade e doutros representantes municipais.

TRECE LOCALIZACIÓNS
"Esta será unha das 13 localizacións", detallou a conselleira de Política Social, que agradeceu "a disposición do seu xerente" por darlles "a posibilidade de que os nenos poidan vir a este municipio de Valdoviño e participar neste minicampamento".

Así mesmo, Fabiola García detallou que os participantes deste iniciativa van poder participar en actividades "de ondas, como son surf, padel surf ou kaiak, ademais das augas tranquilas do Río San Vicente".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE