Comedores da Galiña Azul semivacíos mentres a Xunta manda a Airas Nunes cambiar de provedores
Freire Chico SL (Airas Nunes Cátering) deixará de prover desde o seu central os alimentos e os utensilios de cociña para as escolas infantís da Xunta. Así o anunciou onte a Consellería de Política Social o mércores pola tarde. O prezo do menú rolda os 3,9 euros.
Freire Chico SL (Airas Nunes Cátering) deixará de prover desde o seu central os alimentos e os utensilios de cociña para as escolas infantís da Xunta. Así o anunciou onte a Consellería de Política Social o mércores pola tarde. O prezo do menú rolda os 3,9 euros.
A Xunta reacciona á preocupación desatada entre as nais e pais tras a noticias dunha onda reaccións alérxicas. Os incidentes producíronse en polo menos tres ocasiones en ducias de centros de toda Galicia.
Fabiola García, conselleira de Política Social, nunha pasada visita a unha Galiña Azul
Freire Chico SL deberá comprar os alimentos e os utensilios a provedores locais e deixar de trasladalos desde o seu central no Polígono do Tambre en Santiago. Unhas oitenta garderías están afectadas polo cambio.
UNHA SEMANA PARA COÑECER Os RESULTADOS
Os resultados para determinar a orixe da segunda onda de alerxias tardarán polo menos unha semana. Mentres Sanidade investiga, Política Social se cura en saúde.
E é que as edicións locais de prensa recollen varios casos de comedores semivacios. Na Choupana de Cangas, por exemplo, o mércores só comeron dous nenos, relata Faro. Neste centro sufriron tres episodios de reaccións alérxicas nun mes.
"Estamos preocupados, e non só polas ronchas que lles saen aos menores na cara senón porque non hai información sobre o que ocorre", declarou a A Opinión o portavoz da Asociación de Pais e Nais de Alumnos (AMPA) de outra Galiña Azul, a de Eirís, José Vázquez.
PASA ALGO MÁIS QUE UN PEIXE EN MAL ESTADO
O certo é que as explicacións son, por agora, incompletas. Tras a primeira onda de intoxicacións, a Xunta indicou que a probable causa era un lote de castañeta en mal estado por unha posible ruptura na cadea de frío. Con todo, os novos incidentes da pasada e esta semana indican que o problema vai máis aló dun produto en concreto.
As reaccións alérxicas son leves, a miúdo ronchas na zona da boca que desaparecen pouco despois. Apareceron casos na Coruña, Santiago, Cangas, Hío, Pontevedra, Marín, O Grove , Fene e outras localidades.
Freire Chico SL é o provedor dos centros da rede Galiña Azul afectados, segundo Política Social. Trátase de unha empresa con gran experiencia no sector que, coa súa marca Airas Nunes Cátering, leva traballando para as escolas infantís e outros centros escolares moitos anos, sen ser noticia por problemas ata este outono.
CONTRATOS RECENTES A 3,9 EUROS O MENÚ
A Xunta filtrou onte que traballa para as 'galescolas' desde a época do bipartito. Con todo, o certo é que a compañía gañou numerosos contratos de caterin con esta administración, incluídos centros de infantíl, como onte relatou Galiciapress. O prezo do menú nas últimas adxudicacións era de 3,9 euros.
A compañía mantén por agora silencio, tras confirmar onte a este xornal que están pendentes dos resultados dos inspectores de Sanidade. Mentres, a compañía segue prestando o servizo a día de hoxe:
NOVOS CENTROS PÚBLICOS SEN COCIÑA PROPIA
No bando político, a crise empeza a ter consecuencias, ademais da xa coñecida petición de comparecencia no Parlamento de Galicia do conselleiro. Así, a Marea Atlántica relaciona os casos co modelo de xestión das escolas infantís da Xunta.
"A maneira na que a xunta xestiona os comedores escolares é unha mostra do seu desprezo polo ensino público", argumentan desde a confluencia herculina. A marea reclama que o novo colexio de Novo Mesoiro teña cociña propia e non dependa do modelo de cáterin.
A incorporación de cociña propia a todos os centros públicos e o prezo dos concursos da Xunta para cátering escolar serán, sen dúbida, dous puntos do debate político por mor desta onda de alerxias.
Escribe o teu comentario