Día das Letras Galegas

​"Se as mensaxes de Queremos Galego fosen certas, o galego debería estar nunha situación desastrosa e non o está"

Galiciapress entrevista ao secretario xeral de Política Lingústica na véspera do Día das Letras. Valentín García defende a "normalidade asombrosa" da convivencia co castelán e critica as visións alarmistas e o uso do idioma nas polémicas políticas. Recoñece que cómpre tomar medidas para reverter a perda de falantes entre os mozos. A práctica lingüística de Ciudadanos e as axudas aos medios de comunicación son outros dos temas desta conversa.

María Vitoria Moreno, a estremeña á que o franquismo vixiou por ensinar galego
"O seu compromiso co galego foi por ser a lingua dos pobres", explica Xesús Alonso Montero
Maceira (A Mesa): "Reivindicamos poder vivir en galego sen trabas"

Queremos Galego acaba de convocar a manifestación do Día das Letras Galegas. En conversa con Galiciapress, Marcos Maceira critica á Xunta por manter unha "guerra fría" contra o idioma. Ademais, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística fala da mobilización, da situación da nosa lingua e das propostas da organización para que se respecten os dereitos lingüísticos.

A manifestación do Día das Letras Galegas contra as "políticas lingüicidas" de Feijóo e Rajoy

Queremos Galego destacou o carácter "festivo" que a plataforma dará a esta xornada, polo que convidou a que "todas as persoas" leven instrumentos musicais para que sexa unha manifestación "chea de alegría".

Iníciase o 'Ano Ana María Victoria Moreno', protagonista do Día das Letras Galegas 2018

A web da Real Academia Galega xa adica parte do seu espazo a difundir o legado desta pontevedresa

Estes son os festivos do ano que vén: por que un é "recuperable"?

O calendario laboral galego de 2018 conta con 15 días de festa, coma no 2000, 2001 e 2017.

María Vitoria Moreno será a homenaxeada no Día das Letras 2018

Era a única muller entre os candidatos propostos e tamén a única nada fóra de Galicia

FOTOGALERÍA | Miles de persoas reclaman en Santiago o dereito a vivir en galego

A tradicional manifestación de Queremos Galego saíu ás 12,15 da Alameda compostelá e percorreu varias rúas da cidade reivindicando avances para poder usar a lingua propia "sen restricións".

O ano Carlos Casares celebrará o seu día 'grande' o 17 de maio en Xinzo

Alonso Montero subliñou que, aínda que naceu en Ourense e faleceu en Nigrán, Casares "estivo moi vinculado a Xinzo"


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE