Estes son os festivos do ano que vén: por que un é "recuperable"?

O calendario laboral galego de 2018 conta con 15 días de festa, coma no 2000, 2001 e 2017.


|

FestivoscalendarioO Día dás Letras é o festivo extra de Galicia.

O calendario laboral galego terá 15 festivos en 2018 no canto dos 14 habituais, xa que o Goberno autonómico propuxo o 17 de maio, Día das Letras Galegas, como festivo autonómico "recuperable", dado a súa gran tradición e importancia para a cultura galega.


Diso informou o presidente da Xunta, quen sinalou que a normativa estatal establece 14 festas anuais non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio.


Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non sustituibles a non ser que coincidan co domingo: (1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro).


Ademais, outros festivos de carácter nacional poden ser substituídos polas comunidades: o 6 de xaneiro e o Xoves Santo, que Galicia non cambia tradicionalmente, e dáselle a opción ás autonomías entre o 19 de marzo e o 25 de xullo. A comunidade galega sempre fixa o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia.


POR QUE FESTIVO RECUPERABLE?


Se algúns dos 9 festivos nacionais de carácter obrigatorio cae en domingo, a comunidade pode substituílo por outro día, o que ocorre habitualmente (adóitase designar como festivo propio o 17 de maio, precisamente, e nalgún caso optouse por San Xoán). Con todo, isto non sucede en 2018.


Para eses casos, a normativa estipula que as comunidades poderán fixar un único festivo autonómico que será recuperable. É dicir, engádese unha festa máis con carácter "recuperable", o que significa que cada empresa "acordará a forma de recuperar este día".


O Goberno galego propón que sexa o 17 de maio, Día das Letras Galegas, pola súa gran tradición e importancia para a cultura galega. A elección deste día como festivo recuperable é unha opción que, segundo lembrou Feijóo, xa se usou nos anos 2000, 2001 e 2017.

relacionada María Vitoria Moreno será a homenaxeada no Día das Letras 2018

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE