desaparecido

Atopan no seu coche o corpo dun home desaparecido no Porriño

O cadáver "non presenta sinais de violencia" e o vehículo tampouco tivo un accidente, así que se descoñece aínda a causa do falecemento.

Localizan en bo estado un veciño de Cerdido desaparecido o xoves


Ten 74 anos e saíra pasear con dous cans de pequeno tamaño. Atopárono á primeira hora da tarde.


Aparece sen vida o veciño de Vigo de 67 anos desaparecido desde o sábado

O cadáver do home apareceu nun camiño de terra veciñal no monte de Bembrive, paralelo á autoestrada que vai cara a Baiona.


Regresa a casa o veciño que buscaban no Irixo

O home de 42 anos, que sofre unha discapacidade mental grave, volveu pasada a medianoite "en perfecto estado".

Incorporan drons á procura do desaparecido en Castro Caldelas

Non se sabe nada do paradoiro do octoxenario desde o luns pola tarde. Este martes participou no operativo un can de rastrexo.

Buscan un octoxenario desaparecido este luns en Castro Caldelas

Foi visto por última vez ás seis da tarde. Efectivos de emerxencias peitearon a zona durante horas e retoman esta mañá a procura.

Un equipo especializado da Policía asume a investigación do mozo de Mesía desaparecido

Manuel mide 1,80 metros, ten unha complexión delgada e foi visto só na zona do Porto Centro de Ocio, onde se sitúa a discoteca El Pelícano

Atopan un home afogado nunha praia en Burela

É un veciño da localidade, de 60 anos, xubilado e que faltaba desde a madrugada. Todo apunta a que estaba pescando.

Localizan no seu coche en Cedeira o mozo desaparecido en Ferrol

Atopábase en bo estado, pero trasladárono ao hospital para un recoñecemento médico. Volveu a casa ao recibir a alta.

Buscan un mozo de 26 anos que falta do seu domicilio de Ferrol desde o sábado

Tampouco foi localizado o seu vehículo, un Ford Festa de cor vermella, que leva no medio do capó un adhesivo de 'Cadea Dial'.

O mal tempo obriga a suspender a procura do home desaparecido en Ferrol

O operativo coordinado por Salvamento Marítimo non pode continuar pola alerta por ondas de ata oito metros.

Retoman a busca do octoxenario desaparecido en Carballeda de Valdeorras

Vivía só e foi visto por última vez o xoves. O operativo parou pola noite por falta de luz.

A familia de Iván Durán afirma que o corpo achado é o do mozo

Á espera dos resultados da autopisia, SOS Desaparecidos desactivou a alerta. Xunto ao cadáver atopouse unha mochila e unha pistola.

Sospeitan que o cadáver atopado en Baiona é o de Iván Durán

Un sendeirista atopouno nunha zona de monte en avanzado estado de descomposición, que obriga a esperar á autopsia para a súa identificación.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE