Incorporan drons á procura do desaparecido en Castro Caldelas
Non se sabe nada do paradoiro do octoxenario desde o luns pola tarde. Este martes participou no operativo un can de rastrexo.
Persoal da Axega, cun dron. // Foto: Axega112
Drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorpóranse este mércores á procura do octoxenario desaparecido desde o luns no municipio ourensán de Castro Caldelas, segundo informou o 112 Galicia.
O home desaparecido, Ramon López González, de 89 anos de idade, vive na Eirexa, na parroquia de Alais, no municipio de Castro Caldelas.
Foi un fillo do octoxenario quen chamou ao servizo de emerxencias ás 23,00 horas do luns para indicar que non sabían nada do seu paradoiro desde que, sobre as 18,00 horas, o visen por última vez na zona da Eirexa.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou enseguida á Garda Civil, ao GES de Castro Caldelas e a Protección Civil. Na xornada do martes participou no operativo, entre outro persoal mobilizado, o Servizo Cinolóxico con un can de rastrexo.
Escribe o teu comentario