Buscan un octoxenario desaparecido este luns en Castro Caldelas

|

Efectivos de emerxencia buscan desde o luns un ancián de 89 anos de idade que permanece desaparecido no municipio ouresán de Castro Caldelas.


Segundo informou o 112 Galicia, un fillo do octoxenario chamou ao servizo de emerxencias ás 23,00 horas do luns para indicar que non sabían nada do seu paradoiro.


O familiar explicou que o viran por última vez na zona da Eirexa, na parroquia de Alais, sobre as 18,00 horas do luns día 13.


O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia alertou enseguida á Garda Civil, ao GES de Castro Caldelas e a Protección Civil.


Os efectivos mobilizados peitearon a zona durante horas con resultado negativo. As tarefas de procura retomáronse na mañá deste martes, sobre as 8,30 horas.


relacionada Localizan no seu coche en Cedeira o mozo desaparecido en Ferrol
relacionada Retoman a busca do octoxenario desaparecido en Carballeda de Valdeorras
relacionada Localizado en bo estado o home desaparecido en Santiago de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress