Morre o dono dun supermercado intoxicado por un xerador tras un corte de Luz
Un home de 36 anos faleceu este mércores ao sufrir unha posible intoxicación por monóxido de carbono desprendido por un xerador nun local da Avenida Médico Paz García, na parroquia de Nogueira, en Meis (Pontevedra).
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 8,45 horas deste mércores un particular solicitou asistencia sanitaria urxente para o home, que presentaba síntomas de intoxicación.
Fontes próximas á investigación explicaron que a vítima, fillo da propietaria dun supermercado, fora a revisar un xerador posto en marcha por mor dun corte de luz e foi achado inconsciente. A pesar dos esforzos dos equipos de emerxencia, nada púidose facer por salvarlle a vida.
O CIAE 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros de Ribadumia.
No punto, os bombeiros comprobaron que había un alto nivel de monóxido de carbono, polo que as primeiras hipóteses apuntan ao que puido sufrir unha intoxicación, a espera dos resultados da autopsia.
Escribe o teu comentario