Atopan un home afogado nunha praia en Burela
É un veciño da localidade, de 60 anos, xubilado e que faltaba desde a madrugada. Todo apunta a que estaba pescando.
O home achado na mañá deste xoves falecido, supostamente afogado, na area da praia urbana do Portelo no municipio de Burela (Lugo) foi identificado como o veciño da localidade José González Pardo, de 60 anos.
Así o confirmaron fontes da investigación a Europa Press, que concretaron que o home, un xubilado de Burela afeccionado á pesca, levaba desaparecido desde a madrugada.
O corpo foi localizado sobre as 8,20 horas deste xoves na area, supostamente despois de que o depositase alí a marea que estaba a baixar, segundo sinalou a Policía Local de Burela.
Os primeiros indicios, segundo indicaron fontes da investigación, apuntan a unha morte por afogamento, segundo sostivo o médico desprazado ao lugar, pero espérase aos resultados da autopsia para concretar a causa do falecemento.
O Concello de Burela manifestou que se trata de "un veciño moi coñecido e apreciado" no municipio. Nunha nota de prensa, o Consistorio explica que se "descoñecen, polo momento, as causas do falecemento", aínda que "todo apunta a que estaba a pescar porque levaba botas e traxe de augas".
Escribe o teu comentario