Atopan en Parada de Sil o corpo dunha anciá desaparecida en 2012
Faltara dunha residencia e nun dos calcetíns figura o seu nome, aínda que non se confirmou a súa identidade.
A Garda Civil investiga se os restos achados este domingo nunha zona montañosa do municipio ourensán de Parada de Sil pertencen a Matilde González Cid, desaparecida desde o ano 2012.
Os restos atópanse á espera de que sexan analizados para determinar a súa identidade, aínda que podería tratarse desta muller, que despareceu o 30 de novembro de 2012 da residencia xeriátrica Luces cando tiña 78 anos.
Fontes do Instituto Armado sinalaron que todo apunta a que os restos pertencen a esta persoa, xa que nun dos calcetíns atopados figura o nome de Matilde González.
O corpo foi achado na mañá deste domingo por un veciño que se atopaba paseando por unha zona montañosa do municipio ourensán de Parada de Sil.
Escribe o teu comentario