Atopan no seu coche o corpo dun home desaparecido no Porriño

O cadáver "non presenta sinais de violencia" e o vehículo tampouco tivo un accidente, así que se descoñece aínda a causa do falecemento.


|

O cadáver dun home desaparecido na madrugada do pasado luns foi localizado no seu vehículo no termo municipal do Porriño. Segundo informou o 112 Galicia, o home, de 65 anos de idade, foi atopado no interior do seu vehículo minutos despois das 19,00 horas da tarde do luns.


Foi unha persoa particular a que atopou o coche da vítima nun camiño que conecta coa N-550, tras o que chamou ao 112 Galicia para dar a voz de alarma.


Os familiares do home falecido puxéronse en contacto co 112 Galicia na madrugada deste luns para alertar da súa desaparición. A central de emerxencias mobilizou un operativo no que participaron membros da Garda Civil e de Protección Civil.


Fontes do Instituto Armado explicaron que o corpo "non presentaba sinais de violencia" e que o vehículo tampouco sufrira un accidente. Así, estase á espera da autopsia para determinar as causas do falecemento.


relacionada Un helicóptero, unha lancha e patrullas caninas súmanse á procura da ourensá desaparecida
relacionada A fundación Paco Lobatón activou 11 alertas de desaparecidos en Galicia no primeiro trimestre

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE