A fundación Paco Lobatón activou 11 alertas de desaparecidos en Galicia no primeiro trimestre

A galega é a cuarta autonomía con máis casos, por detrás de Madrid, Andalucía e Valencia. 


|

Desaparecidoguardiacivilmar2


A fundación de Paco Lobatón para a procura de desaparecidos (QSDglobal) activou 11 alertas en Galicia ao longo do primeiro trimestre deste ano.


Diso deu conta a Fundación Quien Sabe Donde global a través dun comunicado, do que se desprende que Galicia é a cuarta autonomía con máis casos, por detrás de Madrid (19), Andalucía (17) e Comunidade Valenciana (14).


Atendendo ao total estatal, son 119 as alertas por desaparición sen causa aparente activas por QSDglobal no primeiro trimestre do ano.


Destas, segundo os seus datos, resolvéronse 92, mentres que as 27 desaparicións restantes habería que sumalas ás 4.164 alertas activas do informe do Ministerio de Interior.


En canto ao sexo maioritario dos desaparecidos, o 69 por cento son homes; mentres que os grupos de idade máis afectados son os menores de idade (21 casos) e os maiores de 60 (con 33).

relacionada Localizan en Ons o corpo da muller de Sanxenxo desaparecida
relacionada Localizan en bo estado un veciño de Cerdido desaparecido o xoves
relacionada A Garda Civil retoma os interrogatorios a testemuñas da desaparición de Diana Quer
relacionada A paciente do Cunqueiro desaparecida "escapou" dunha ambulancia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE