A paciente do Cunqueiro desaparecida "escapou" dunha ambulancia

Ten 47 anos e estaba a recibir tratamento no centro sanitario, polo que a familia avisa de que necesita medicación.


|

Desaparecidavigocunqueirocara


Familiares, veciños e efectivos policiais continúan este xoves coa procura dunha muller de 47 anos que permanece desaparecida desde o luns na cidade de Vigo, tras "escapar" dunha ambulancia que a trasladaba ao Hospital Álvaro Cunqueiro.


Aínda que inicialmente se indicou que a muller "fuxira" o luns do Hospital Álvaro Cunqueiro, as mesmas fontes aclararon que "escapou" dunha ambulancia "que a estaba deixando neste centro".


Fontes do Servizo Galego de Saúde corroboraron, en declaracións a Europa Press, que a muller non escapou do hospital vigués e manifestaron que, desde o pasado ano 2016, non rexistra ningún ingreso no centro.


Segundo confirmaron fontes da investigación, a denuncia pola desaparición da muller foi interposta por familiares na Garda Civil do Rosal. Os vehículos policiais foron alertados por se puidesen dar algunha pista sobre a desaparecida.



Desaparecidavigocunqueiro

A asociación SOS Desaparecidos activou na tarde do mércores a alerta por desaparición de Celia María Lino, que foi vista por última vez o pasado luns en Vigo, onde recibía tratamento hospitalario.


Tal e como comunicou a asociación a través da súa páxina web e das redes sociais, a muller necesita medicación. Ten 47 anos de idade, mide 1,75 metros, é de constitución moi delgada e ten o pelo castaño claro.


SOS Desaparecidos apela á colaboración cidadá para dar co paradoiro de Celia Lino, para o que se pode informar a través dos teléfonos 642.650.775 e 649.952.957 e do correo electrónico sosdesaparecidos@sosdesaparecidos.es, así como acudir á Policía ou á Garda Civil.

relacionada Localizan en Ons o corpo da muller de Sanxenxo desaparecida
relacionada Localizan en bo estado un veciño de Cerdido desaparecido o xoves
relacionada Aparece en perfecto estado o home de 49 anos desaparecido en Mos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE