Localizan en bo estado un veciño de Cerdido desaparecido o xoves
Ten 74 anos e saíra pasear con dous cans de pequeno tamaño. Atopárono á primeira hora da tarde.
O dispositivo de procura localizou na tarde deste venres a Juan Villadoniga, veciño de Cerdido de 74 anos de idade que faltaba do seu domicilio, situado no lugar de Freis, desde a tarde deste xoves, 30 de marzo.
Segundo os seus achegados, saíu pasear con dous cans de pequeno tamaño. Durante este venres despregouse pola zona un dispositivo de procura, no que participaron efectivos da Garda Civil, co apoio desde o aire dun helicóptero, ademais de familiares e amigos, así como integrantes do goberno local, co seu alcalde, Benigno Galego (PSOE), entre eles.
Segundo a información trasladada por SOS Desaparecidos, o home atópase en relativo bo estado de saúde.
Escribe o teu comentario