Xamais o país rexistrara tan poucos nacementos no primeiros seis meses do ano como neste 2020. Un problema que se agravará sen dúbida máis na segunda metade do ano. Por agora, xa hai 5.193 máis galegos falecidos que recentemente nados.
Nin sequera a importante chegada de inmigantres a Galicia -impulsada pola crise de Venezuela- sirve para manter a poboación galega, que cae ás súas peores cifras en 17 anos.
Edelmira Barreiro, do PP de Ourense, dirixe este novo organismo incapaz de fixar un prazo para presentar o seu plan máis dun ano despois da súa creación.
Somos case 10.000 galegos menos que o ano pasado, a pesar de que hai tres cidades que seguen atraendo habitantes.
Vinte galegos ingresan na Seguridade Social por cada 100 que están en idade de abandonar o mercado laboral.