A sangría demográfica galega en gráficos: xa somos menos de 2,7 millóns de galegos



Nin sequera a importante chegada de inmigantres a Galicia -impulsada pola crise de Venezuela- sirve para manter a poboación galega, que cae ás súas peores cifras en 17 anos. 


|

Nin sequera a importante chegada de inmigantres a Galicia -impulsada pola crise de Venezuela- sirve para manter a poboación galega, que cae ás súas peores cifras en 17 anos. 


Galicia contaba con 2.698.764 habitantes ao 1 de xullo de 2019, o que supón 1.677 persoas menos coas que comezaba ese ano, segundo os datos provisionais publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Evolución da poboación galega ao 1 de xullo de 2019 Deste xeito, Galicia queda por baixo dos 2,7 millóns de habitantes, coa menor cifra de persoas en máis de 17 anos (desde o 1 de xaneiro de 2002).

OS CUARTOS POLA COLA CON PEORES DATOS
Esta perda de poboación en Galicia (-0,06%) contrasta coa alza media en España (+0,35%). 



Os datos galegos son os cuartos peores, só superados por Estremadura (-0,25%), Asturias (-0,22%) e Castela e León (-0,20%).



A pesar de que Galicia rexistrou un saldo migratorio positivo co estranxeiro de 7.026 persoas no primeiro semestre de 2019, o saldo vexetativo segue en declive, xa que houbo 8.426 falecementos máis que nacementos. A isto únese saldo migratorio negativo con outras comunidades (-215).


Con estes datos a poboación prevista para Galicia en 2031 será de 2.489.946 persoas, o que supón unha perda de máis de 200.000 habitantes respecto a a cifra actual.

SALDO MIGRATORIO POSITIVO
Deste xeito, Galicia recibiu 11.022 inmigrantes no primeiros seis meses do ano. Supón a segunda cifra máis alta nun semestre na última década.

Pola súa banda, no mesmo período marcháronse 3.996 persoas de Galicia ao estranxeiro. É a cifra máis baixa nun semestre no últimos dez anos.

Esta diferenza entre emigrantes e inmigrantes arroxa un saldo positivo de 7.026 persoas que chegan. É unha cifra menor que o segundo semestre de 2018 (7.756), pero supón a segunda maior desde o inicio desta estatística no INE (en 2008).


O importante aumento de inmigrantes que chega a Galicia pode ter que ver coa crise que afecta a país de Sudamérica nos que hai miles de galegos e os seus descendentes. En particular, en Venezuela, cuxa comunidade en Galicia aumentou moito nos últimos anos.



De tal forma, a Comunidade galega acumula oito semestres consecutivos cun saldo migratorio exterior positivo, xa que o último dato negativo tivo lugar no primeiro semestre de 2015.

Pola súa banda, dos 11.022 que chegaron a Galicia no primeiro semestre había 2.862 con nacionalidade española. Respecto a os 3.996 que se marcharon ao estranxeiro, 1.960 eran de nacionalidade española. 


En cambio, nas migracións entre Galicia e outras comunidades hai un saldo negativo, xa que se marcharon 215 persoas máis das que chegaron.

No Estado hai nove autonomías cun saldo migratorio interior positivo, con Comunidade Valenciana atópase á cabeza (+1.952). Galicia atópase no grupo en negativo, con Estremadura cos peores números (-1.283).




A nivel municipal apréciase que só as areas urbanas e as súas periferias están a gañar poboación, mentres que é o suroeste de Ourense o que máis retrocede:



relacionada En Galicia somos os líderes de España en perder poboación (gráficos)

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE