En Galicia somos os líderes de España en perder poboación (gráficos)
Os novos datos oficiais do INE debuxan un panorama desolador para a demografía galega. A este ritmo seremos menos de 2,5 millóns de galegos na década dos 30.
Os novos datos oficiais do INE debuxan un panorama desolador para a demografía galega. A este ritmo seremos menos de 2,5 millóns de galegos na década dos 30.
Galicia registró 16.121 mortes e 7.695 nacementos no primeiro semestre deste ano, o que arroxa un saldo vexetativo negativo de 8.426 persoas, o peor de toda España.
Segundo os datos provisionais do primeiro semestre que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística, os nacementos descenderon na Comunidade neste período un 7,4% en comparación cos 8.311 alumeamentos que tiveron lugar entre xaneiro e xuño en 2018.
Con todo, o saldo vexetativo á baixa que padece Galicia no primeiros seis meses de 2019 (8.426 persoas menos) supón un descenso menos acusado que o se produciu no mesmo período de 2018 (por entón foron 9.161 menos).
Escribe o teu comentario