​Quince meses de Comisionado fronte ao Reto Demográfico sen ningún resultado e actividade mínima

Edelmira Barreiro, do PP de Ourense, dirixe este novo organismo incapaz de fixar un prazo para presentar o seu plan máis dun ano despois da súa creación.



|

Hai un ano e tres meses o Goberno de España creaba o Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico. O seu obxectivo combater “o desequilibrio da pirámide poboacional, fenómeno común nos países da nosa contorna, é especialmente grave en España, dez CCAA contan cun saldo vexetativo negativo”. Á fronte puxo a unha oriúnda dunhas das autonomías que máis sofren esta eiva, Galicia.


Edelmirabarreira


Quince meses despois o Comisionado que dirixe a ourensá Edelmira Barreiro non presentou nin un borrador para loitar contra o envellecemento. 


Tal inactividade desatou as sospeitas da oposición. Un deputado de Compromís nas Cortes preguntou “Cando estaría prevista a aprobación definitiva da Estratexia fronte ao reto demográfico? e Con que recursos económicos estaría dotada esta Estratexia?". A resposta oficial do Executivo a Carles Mulet foi do todo imprecisa nos prazos. Argumentou, iso se, que está a traballar en aspectos como o apoio á natalidade e á conciliación.


A última comparecencia de Barreira na Comisión especial do senado sobre demografía é do verán de 2017. Entón dixo que ía trasladar á Unión Europea as inquietudes de España sobre o asunto. A semana pasada fontes do Executivo dixeron a Europa Press que esta semana se faría unha convención sobre este tema, da que non hai noticias por agora.


SALARIO E TRAXECTORIA DA COMISIONADA


A comisionada Barreira, con categoría de subsecretaria, cobra uns 100.000 euros brutos ao ano, segundo calculou Libre Mercado. Antes de chegar a este posto fora directora xeral de Administración Local na Xunta, senadora por Ourense e asesora do PP e da Vicepresidenta do Goberno, que a levantou ao Comisionado.


UNHAS CIFRAS MOI PREOCUPANTES


Dos 8.125 municipios actuais de España, máis da 60% conta con menos de 1.000 habitantes e en case 1.300 concellos hai menos de 100 persoas censadas no padrón. Galicia é a autonomía que lidera o envellecemento de España. A Provincia de Ourense lidérao a nivel da Unión Europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE