Os nacementos en Galicia baixan a niveis nunca vistos mesmo antes do impacto do coronavirus

Xamais o país rexistrara tan poucos nacementos no primeiros seis meses do ano como neste 2020. Un problema que se agravará sen dúbida máis na segunda metade do ano. Por agora, xa hai 5.193 máis galegos falecidos que recentemente nados.


|


Xamais o país rexistrara tan poucos nacementos no primeiros seis meses do ano como neste 2020. Un problema que se agravará sen dúbida máis na segunda metade do ano. No que levamos, xa hai 5.193 máis galegos falecidos que recentemente nados.


Maternidade, paternidade, nacemento




O número de nacementos que houbo en Galicia no primeiro trimestre de 2020 é o peor dato desde que hai rexistros no Instituto Galego de Estatística (IGE) --desde 1996--, con só 3.820.

Galicia rexistra un saldo vexetativo negativo en 5.193 persoas no primeiros tres meses deste ano. Deste xeito, producíronse 3.820 nacementos --1.929 nenos e 1.891 nenas-- fronte a 9.013 mortes --4.374 homes e 4.639 mulleres--.

Isto arroxa un saldo vexetativo que empeora respecto ao mesmo período de 2019, cando houbo 3.861 alumeamentos e 8.752 defuncións.


EXCEPCIÓNS
De feito, ao peche de 2019 solo cinco concellos galegos arroxaban un saldo vexetativo positivo: Ames (+72), O Porriño (+41), Salceda de Caselas (+29), Arteixo (+17), Ribadumia (+2).

DESCENSO DE MATRIMONIOS
Pola súa banda, os matrimonios descenden no primeiro trimestre do ano. Foron un total de 987, o que supón 258 menos (-20,7%) que os tres primeiros meses de 2019.

Entre o total destas ligazóns, 967 producíronse entre persoas de diferente sexo, mentres que os 20 restantes foron entre persoas do mesmo sexo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE