​Galicia necesita cinco veces máis traballadores novos para remudar os maiores

Vinte galegos ingresan na Seguridade Social por cada 100 que están en idade de abandonar o mercado laboral.


|

Traballadores jovenes


Por cada 100 persoas en idade de abandonar o mercado laboral en Galicia, 20 ingresan no sistema da Seguridade Social, segundo os datos que publica este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).


En decembro de 2017 rexistráronse 974.793 afiliacións á Seguridade Social na comunidade galega, un 1,7% menos que tres meses atrás. Se se contabiliza o número de afiliados, a cifra baixa ás 927.389 persoas, un 1,9% menos que no trimestre anterior.


Por cada 100 afiliados menores de 40 anos, residían na comunidade galega 174 traballadores maiores desta idade. Os sete grandes concellos presentaban valores superiores á media, desde 176,1 en Vigo a 203,6 en Ferrol.


A taxa de substitución de poboación activa --o cociente entre a poboación afiliada menor de 25 anos e a maior de 55, multiplicado por 100-- reflicte que por cada 100 persoas en idade de abandonar o mercado laboral hai 20 que ingresan no sistema.


relacionada Un 20% dos españois cre que non cotizará o suficiente para elixir toda a súa vida laboral na pensión
relacionada O paro baixa do 15%, con 22.100 galegos menos que hai un ano buscando emprego
relacionada ​CCOO non descarta convocar folgas para lograr "bos acordos en cada convenio"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE