O mapa municipal de incidencia do coronavirus en Galicia reflicte que a melloría é xeneralizada. Iso si, en termos xerais, está máis avanzada nas provincias do interior e nos municipios máis rurais, periféricos ou montañosos.
Cantos casos da cepa británica hai? Só 41. Serían unha nimiedade, teniendo en cuenta que en Galicia hai máis de 16.000 casos activos. Con todo esta cifra é do todo enganosa, dado que a capacidade da Xunta para secuenciar xeneticamente os virus é ínfima.
A lista de todos os centros educativos non universitarios con casos activos de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS pode consultarse ao final de esta
O día 31 de xaneiro fixo un ano que se diagnosticou o primeiro caso de Covid-19 en territorio español. Nestes doce meses, os cidadáns sufrimos os rigores da pandemia e choramos pola morte de amigos e familiares. Parecería que non hai case nada positivo neste ano convulso que parece durar un século.
A ocupación real das unidades de críticos en Galicia anda polo 92% e non polo 32% que di a Administración, segundo desvela un médico. A diferenza provén de camas en quirófanos, prequirófanos e reanimación, que o SERGAS considera UCI a pesar de non posuír de suficiente persoal ben formado para atendelas, como está a pasar agora mesmo na Coruña e Ferrol.
Só tres pasos entre Galicia e Portugal permanecen aberto e só dous deles as 24 horas. Con todo, os controis na fronteira xa están a provocar grandes colas do tráfico de mercadorías e de traballadores transfronteirizos, que si teñen permitido o paso.
Son varias as voces que hoxe pediron que se deixe de andrómenas e pida o confinamento canto antes. Por exemplo, o Colexio de Médicos de Ourense pídeo ante o avance "insostible" do virus. O BNG lévao pedindo hai días, agora con máis insistencia.
As enormes crises que capean como poden Gran Bretaña e Irlanda non augura nada bo para España de confirmarse que a variante máis contaxiosa está detrás de parte da actual alza tras o nadal. En Galicia, o SERGAS só confirmou 8 casos e 6 sospeitosos, pero é moi difícil que en realidade non haxa máis.
As últimas cifras do coronavirus en Galicia son malas, con máis de 1.100 novos positivos outra vez. Os tenues indicios dunha melloría non gañan consistencia hoxe, aínda que tampouco desaparecen de todo. A media da positividade segue á baixa, aínda que as incidencias semanal e a dúas semanas continúan en máximos.
A análise municipal das últimas cifras do coronavirus en Galicia mostra un empeoramento xeral. Destaca a brusca subida en Vigo, unha cidade que contivera a pandemia en decembro. Santiago segue sendo a urbe con peor incidencia acumulada.
A análise xeográfica dos últimos datos do coronavirus mostra unha alza case xeral, coa excepción de Pontevedra e a súa comarca. A Mariña, Santiago, O Barbanza e A Raia Seca son algunhas das áreas con máis municipios no máximo nivel de alerta posible.
Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.
O 2020 déixanos non se antes recibir a patada na retagarda de toda a cidadanía
"A historia móstranos que non será a última pandemia" advírtenos Tedros Adhanom Ghebreyesus,
"Non podemos seguir co Nadal tal e como o tiñamos planeado", declarou Johnson en rolda de prensa, onde anunciou estas medidas "con moita tristeza".
Polo menos oito persoas morreron despois de que un respirador explotase e provocase un incendio nun hospital privado na provincia de Gaziantep, no sueste de Turquía, confirmou o hospital.