É a cepa británica corresponsable do descontrol do coronavirus en España?

As enormes crises que capean como poden Gran Bretaña e Irlanda non augura nada bo para España de confirmarse que a variante máis contaxiosa está detrás de parte da actual alza tras o nadal. En Galicia, o SERGAS só confirmou 8 casos e 6 sospeitosos, pero é moi difícil que en realidade non haxa máis.


|

As enormes crises que capean como poden Gran Bretaña e Irlanda non augura nada bo para España de confirmarse que a variante máis contaxiosa está detrás de parte da actual alza tras o nadal.  En Galicia, o SERGAS só confirmou 8 casos e 6 sospeitosos, pero é moi difícil que en realidade non haxa máis.


A cepa británica xa chegou a España dando o pistoletazo de saída á terceira onda, que se prevé longa. E como ocorreu cos anteriores picos da pandemia, as autoridades seguen sen anticiparse o suficiente para evitar as previsibles consecuencias da propagación desta nova versión do virus. 


O primeiro ministro de Reino Unido, Boris Johnson

Boris Johnson esgrimiu a virulencia da variante como motivo para o confinamento duro en Inglaterra



Para entender que pode ocorrer en España nas próximas semanas, é necesario ver como reaccionou esta nova variante do Covid-19 ao chegar a outros países. O prestixioso cardiólogo estadounidense Eric Topol ilustrou, a través dun fío, como se comportou esta nova cepa ao chegar á Illa de Irlanda



O 27 de decembro, a cepa británica da Covid-19 --coñecida como B117 - tiña unha presenza do 9% en Irlanda. Unha semana despois, o 3 de xaneiro, subira ata o 25 %, e o 10 de xaneiro situouse nun 46%. O mesmo ocorreu en Reino Unido, onde naceu esta nova variante. Segundo as autoridades británicas, a nova cepa empezouse a propagar en outubro. O día 12 dese mes tiña unha presenza do 3% entre os contaxiados. O 2 de novembro, a predominancia era do 64%; e o 7 de decembro chegou ata o 98%. Hoxe supón practicamente o 100% das infeccións en Reino Unido. 


DISPÁRASE A MORTALIDADE 


Segundo estiman os expertos, esta cepa de coronavirus é entre un 30 e un 50% máis contaxiosa. As cifras de contagios e mortos que está a rexistrar o Reino Unido son as maiores que se deron no continente europeo, e outros países, como a citada Irlanda, tiveron que soportar unha presión moito maior que na primeira onda. O aumento da transmisibilidade do virus preocupa especialmente aos expertos pola súa relación directa cos decesos.


No seguinte gráfico, o médico Eric Pool mostra como se dispararía a mortalidade se o virus fose un 50% máis contaxioso:


ErevBr6UYAAHLqP


Segundo estes datos, que o virus mutacara a unha forma máis contaxiosa é máis perigoso, mesmo, que se se volveu máis letal. Inicialmente, unha cepa máis letal ...


Seguir lendo en catalunyapress.es

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE