A metade dos casos de covid de Galicia que secuencia a Xunta xa son da cepa británica

Cantos casos da cepa británica hai? Só 41. Serían unha nimiedade, teniendo en cuenta que en Galicia hai máis de 16.000 casos activos. Con todo esta cifra é do todo enganosa, dado que a capacidade da Xunta para secuenciar xeneticamente os virus é ínfima.


|

Cantos casos da cepa británica hai? Só 41. Serían unha nimiedade, teniendo en cuenta que en Galicia hai máis de 16.000 casos activos. Con todo esta cifra é do todo enganosa, dado que a capacidade da Xunta para secuenciar xeneticamente os virus é ínfima.


Feijóo recoñeceu hoxe que na metade das análises, cuxa cantidade non aclara, sae que o virus é desta variante, máis contaxiosa e  que tamén pode ser máis mortal.


Algo moi a ter en conta na desescalada, que o presidente adianta que probablemente se anuncie o luns, a pesar de que o conselleiro ve "pouco prudente" empezar a falar de ela e que o Ministerio pediu ás autonomías que manteñan as restricións para evitar a propagación das novas variantes.


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visita o laboratorio de microbiología do Chuac


Feijóo nunha imaxe de arquivo no laboratorio de microbiología do CHUAC, un dos tres de Galicia capaces de secuenciar xeneticamente o coronavirus, pero a un ritmo moi lento


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejóo, explicou este xoves que "polo menos un 50%" dos virus secuenciados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) proceden da cepa británica".

A ACTUAL ONDA ESTÁ INFLUÍDA POR ESTA MUTACIÓN
"Esa explosión de contagios que se produce na terceira onda, unha parte moi significativa prodúcese como consecuencia da mutación do virus e de que esta cepa se esta convertendo en dominante", manifestou.

Preguntado sobre a incidencia desta variante na rolda de prensa posterior ao Consello de la Xunta, Feijóo lembrou que xa na penúltima reunión do comité clínico, o servizo de Microbiología do Hospital de Vigo, en colaboración cos de Santiago e A Coruña, advertían que na secuenciación do virus había unha "prevalencia importante" desta variante.

"PREOCUPACIÓN ENGADIDA"
Por tanto, asegurou que a incidencia desta cepa supón unha "preocupación engadida" na situación de pandemia. "Se non mutase o virus probablemente a situación na que estamos sería menos preocupante pero, dado que o virus mutou, e que comprobamos que polo menos o 50% do virus é unha mutación de cepa británico, a nosa preocupación aumenta e increméntase", afirmou.

HAI QUE EMPEZAR A DESESCALADA?
Por iso, incidiu en que as medidas que se adopten "teñen que ser graduadas e proporcionadas" sobre todo no período "vital" no que se vai a inmunizar aos maiores de 80 anos, que "é o sector poboacional con maior porcentaxe de mortalidade".

"Quédannos dous meses aínda de moita precaución e de moito rigor para non facer cousas que nos gustarían pero que a responsabilidade nos impedirá", afirmou.


Hai que lembrar que o Ministerio acaba de cualificar de "elevado" o risco de que suban as hospitalizacións debido a esta capa dado que "existe unha posibilidade real de que poida estar relacionada con maior gravidade e maior letalidade". 






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE