Covid municipios: Ourense sae de risco máximo onde segue Lugo cuxa melloría case se atorou


O mapa municipal de incidencia do coronavirus en Galicia reflicte que a melloría é xeneralizada. Iso si, en termos xerais, está máis avanzada nas provincias do interior e nos municipios máis rurais, periféricos ou montañosos.


|

O mapa municipal de incidencia do coronavirus en Galicia reflicte que a melloría é xeneralizada. Iso si, en termos xerais, está máis avanzada nas provincias do interior e nos municipios máis rurais, periféricos ou montañosos.


Así, por exemplo, nas provincias atlánticas só hai dous municipios que lograsen baixar de 25 positivos en dúas semanas por 100.000 habitantes, situándose no nivel de "nova normalidade" do semáforo de alertas, en verde no mapa. Son os despoboados Santiso e A Capela, na provincia da Coruña.


Entre as urbes, ata hoxe só Vigo e Santiago  lograran escapar do nivel de risco extremo, en vermello no mapa. Desde este venres tamén Ourense cae a risco alto, ao baixar de 250 positivos por 100.000 habitantes en dúas semanas. 




COMPARATIVA POR CIDADES

Ourense foi a cidade con peores números de Galicia ao principio desta onda. De feito, o coronavirus creceu tanto alí que foi a única urbe que rozou os 1.000 diagnósticos por 100.000 habitantes. Afortunadamente,  logrou dobrar a súa curva en torno ao 26 de xaneiro.  Leva todo o mes de febreiro cunha melloría pronunciada e constante, que hoxe lle permitiu poñerse en 230, polo que pasa a risco alto:





Quen non logra abandonar o vermello é Lugo, a pesar de ser a cidade que menos sufriu  a terceira onda e a que estaba mellor colacada a principios de semana. Que pasou en Lugo para que Santiago, Vigo e Ourense adiantáronlle?


Parte da explicación é a cepa británica, que probalemente está detrás dos máis de 60 positivos detectados en barrio de Paradai por mor dun brote escolar. O impacto dese brote na gráfica de Lugo é evidente a primeira ollada. Hoxe  e onte a incidencia acumulada baixou, pero o ritmo de caída se estancó na última semana:



Con todo, Lugo segue ao borte dos 250 de incidencia acumulada e a pouco que mellore esta fin de semana tamén abandonará o nivel de risco máximo.


A cidade con peores números é A Coruña, pero a súa evolución segue sendo esperanzadora. Nos últimos 14 días a cidade suma 1.145 diagnósticos. No pico da onda, chegou a sumar 2.284. É dicir, A Coruña logrou baixar a súa incidencia acumulada case á metade nos últimos 20 días. Ademais, por agora non hai indicios de rebote:






A lista de concellos cuxo cómputo de positivos a 14 días máis crece hoxe, respecto ao mesmo cómputo de onte é:


  • Carral +4
  • Vilanova de Arousa +4
  • Cabanas +5
  • Moaña +7
  • Ponteceso +9


A relación de municipios cuxa suma de positivos en dúas semanas máis baixa hoxe, respecto a a mesma suma de onte é:


  • Coruña (A) -58
  • Betanzos -33
  • Ourense -33
  • Pontevedra -31
  • Santiago de Compostela -25
  • Vigo -18
  • Arteixo -17
  • Cambre -15
  • Xinzo de Limia -13
  • Monforte de Lemos -12
  • Poio -12
  • Arzúa -11
  • Sanxenxo -11 


A evolución do covid-19 en todos os concellos de Galicia pódese seguir na táboa ao final desta noticia.


EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREAS SANITARIAS

As curvas de infectados de todas as áreas seguen tendendo á baixa. O descenso máis pronunciado corresponde, loxicamente, á área que primeiro empezou a dobrar a súa curva, Santiago - O Barbanza.  Os 1.150 casos activos que quedan representan só o 33% dos 3.345 que había no pico, a finais de xaneiro.




Os casos activos hoxe respecto onte, na Coruña-Cee diminuíron en 206, ata situarse en 3.262 pacientes covid en total. Tamén baixaron en Vigo, ata os 1.452 casos activos (-169); en Pontevedra-O Salnés, a 1.328 (-119); e en Santiago-Barbanza, a 1.150 (-201).

As tres restantes están xa por baixo do milleiro de enfermos por coronavirus: Ferrol, 993 casos activos (-73); Lugo-A Mariña-Monforte, con 942 (-78); e Ourense-Verín-O Barco, con 843 (-92). 


ÚLTIMOS DATOS POR ÁREAS


Pola súa banda, os novos casos detectados a diario na Comunidade galega por todo tipo de probas subiron en 352 nun día, só un máis que a xornada inmediatamente anterior.




A área sanitaria da Coruña-Cee suma 87 novos casos de covid. Séguelle a de Vigo, con 77; Pontevedra-O Salnés, con 59; Santiago-Barbanza, con 38; Ferrol e Lugo-A Mariña-Monforte, con 34 cada unha; e Ourense-Verín-O Barco, con 23 positivos detectados en 24 horas.

De todos os novos contagios que detectou Galicia, 325 foron confirmados cunha PCR. Precisamente, Sanidade realizou no último día 7.288 probas deste tipo, unhas 800 menos que o día anterior, e desde o inicio da pandemia sitúanse nas 1.608.098 en total.

Así, a taxa de positividade sube  medio punto na Comunidade, ata o 4%, pero aínda está por baixo do 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Por áreas sanitarias, cabe destacar a subida ata o 14% en Pontevedra, mentres na Coruña está no 6,7% e en Ferrol no 6,2%. O resto, están por baixo do limiar do 5%: Vigo (4,8%), Lugo (3,1%), Ourense (1,8%) e Santiago (1,3%).


HOSPITALIZADOS


No que respecta a a presión hospitalaria, con datos actualizados pola Consellería de Sanidade ás 18,00 horas do xoves, a única área sanitaria na que aumenta é Pontevedra-O Salnés, ao sumar un paciente novo en UCI, que soben ata os 16, e o total de ingresados colócase en 94.

En canto ao resto de áreas, seguen á baixa. A da Coruña-Cee continúa como a de maior número de pacientes covid, con 247 ingresados en total --dous menos que 24 horas atrás--, dos que 59 están en coidados intensivos --catro menos--.

Tamén descenden os hospitalizados na de Ferrol, con 114 enfermos de covid (-3), 16 deles en UCI (-3); e na de Santiago-Barbanza, con 119 pacientes de coronavirus (-10), dos que están en críticos 24 (-1).

Na área sanitaria de Vigo, os ingresados caen nunha vintena, ata os 91 en total, e en críticos son 20, tres menos que un día atrás. Na de Ourense-Verín-O Barco descenden en oito, ata os 96, aínda que os que están críticos mantéñense en 13; mentres que en Lugo-A Mariña-Monforte os ingresados colócanse en 62 --nove menos--, dos que 21 están en coidados intensivos --un menos--. 

WhuP4 coronavirus por concellos de galicia  (2)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE