Problemas nas fronteiras con Portugal o primeiro día laborable coas fronteiras case pechadas
Só tres pasos entre Galicia e Portugal permanecen aberto e só dous deles as 24 horas. Con todo, os controis na fronteira xa están a provocar grandes colas do tráfico de mercadorías e de traballadores transfronteirizos, que si teñen permitido o paso.
Só tres pasos entre Galicia e Portugal permanecen abertos e só dous deles as 24 horas.
Con todo, os controis na fronteira xa están a provocar grandes colas do tráfico de mercadorías e de traballadores transfronteirizos, que si teñen permitido o paso.
Atasco en Tui nunha imaxe das 11:30 do luns
O novo peche da maioría de pasos fronteirizos entre Portugal e Galicia concentrou o tráfico de acceso a territorio luso nos dous únicos pasos habilitados na provincia de Pontevedra (Tui pola autovía A-55 e Salvaterra) e no único en Ourense (Verín). No caso de Tui, a Dirección Xeral de Tráfico confirmou que se están producindo retencións desde primeira hora da mañá deste luns.
Así, Tráfico informou de dous quilómetros de retencións na A-55, entre o quilómetro 29 e 31 da vía, en dirección á localidade lusa de Valença. A apertura deste paso fronteirizo está autorizada 24 horas os 7 días das semana, aínda que só permítese cruzalo por causas xustificadas (entre elas, para os traballadores transfronteirizos).
SEN ATASCOS NAS DÚAS OUTROS CRUCES
A entrada a Portugal polo ponte que une Salvaterra e Monçao permanecerá aberta só de luns a venres, de 8,00 a 10,00 horas e de 19,00 a 21,00 horas. Nese caso, a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, que expresou o seu desacordo co horario rstringido de apertura da ponte, confirmou que non se produciron incidentes nin retencións, e que foron moi poucos os vehículos que "se tiveron que dar a volta" por non cumprir os requisitos para poder cruzar a Monçao.
Do mesmo xeito, no outro paso fronteirizo aberto 24 horas e 7 días entre Galicia e Portugal, o de Verín-Chaves, o tráfico permitido está a circular con normalidade, segundo fontes da Garda Civil.
Escribe o teu comentario