Menos de 200 telerastreadores de Konecta en Galicia para seguir a onda de coronavirus de decembro

Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.


|

Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.


Nave no polu00edgono de Bergondo onde traballan os telerastreadores do coronavirus de Konecta

Antigo centro de datos do Banco Pastor onde hoxe está o Grupo Konecta no Polígono de Bergondo e onde traballan os telerrastreadores / Google Street View



folga convocada a nivel estatal no Grupo Konecta non afectará, en principio, a Galicia, segundo indican fontes de Comisións Obreiras as Galiciapress. Unha noticia  importante, pois Konecta é a empresa contratada pola Xunta para facer o rastrexo dos positivos de coronavirus e o seguimentos das persoas en corentena por ser contactos estreitos dos infectados.


FIN DO TELETRABALLO?

Un servizo fundamental, sobre todo en este delicado momento de alza de positivos, que non se verá afectado polo paro convocado para o vindeiro luns por CXT, CCOO, UXT, USO, SAT, CSIF, FASGA, CSI, Solidariedade Obreira e Sindicalistas de Base a nivel estatal, e que se repetirá todos os luns de Xaneiro.


O motivo desa a mobilización é que, de acordo aos sindicatos, Konecta está a chamar a reincoporarse á oficina aos asalariados que estaban teletrabajando. Como en Galicia isto non se está producindo, por agora, non hai convocatoria, segundo explica Iván Cordeiro, responsable da Agrupación de Servizos Técnicos de CC.OO Galicia.


HAI SUFICIENTES RASTREADORES?

Cantos telerastreadores ten a Xunta tentando localizar os contactos estreitos dos positivos? O número variou moito ao longo da pandemia.


Segundo as cifras que manexa CC.OO. había unhas 176 persoas traballando no que a Xunta chama Central de Seguemento de Contactos a principios de decembro, dos cales 159 acudían a nave en Bergondo (A Coruña) e 17 traballaban desde os seus fogares. A maioría dos teleoperadores teñen só contratos temporais de 6 ao día, aínda que algúns si están a xornada completa.


Hai que lembrar que nestes meses han saltados varios testemuños de ex-traballadores alertando de que o persoal estaba superada por tanta carga de traballo e falta de coordinación co SERGAS. Por exemplo, unha ex-rastreadora relatou en setembro en Galiciapress que a carencia de medios e formación este verán era tal que el funcionamento do servizo era  en realidade unha "broma", versión que rebateu a Xunta.


En outubro Galiciapress publicou o testemuño doutra ex-telerastreadora sobre a situación na primavera, cando a coordinación coa Xunta era "pésima" e o funcionamento un "caos". 


CONTRATACIÓNS ESTE OUTONO

Desde Comisións apúntase a que, tras estas queixas e os repuntes de outono, Konecta aumentou o seu cadro de telerastreadores que ten traballando para o SERGAS. Así, se no verán, antes dos repuntes, había  "menos de 50" teleraestreadores, agora hai uns 176, que son máis que os inicialmente contratados ao comezo da primeira onda, uns "120 aproximadamente".


A cantidade de rastreadores foi obxecto de polémica política. Alberto Nuñez Feijóo foi  moi criticado cando na primavera presumiu de 6.000 rastreadores, número que incluía a todos os médicos de familia, a pesar de que os galenos non tiñan formación nin lles estaba encomendada tal labor.  O presidente rebaixou en novembro o número de rastreadores en Galicia a unhas 700 persoas, entre os que estarían o persoal de Saúde Pública do SERGAS e os telerastreadores de Konecta na antiga nave do Banco Pastor en Bergondo.


MÁIS DE MIL EMPREGADOS EN GALICIA

Desde Comisións Obreiras indican que, por agora, non hai mobilizacións convocadas nos diferentes centros de Konecta en Galicia, onde o grupo ten, segundo a central, uns 1.200 operarios para diversos clientes, non só para a Xunta. Do total do persoal en decembro había uns 730 teletrabajando, sen que ata o de agora teñan noticia de que deban volver ás oficinas. 


Calma laboral que pode acabarse se a compañía decide acabar tamén en Galicia co teletraballo nun momento de repunte da pandemia, indican desde Comisións.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE