O accidentado quedou atrapado no seu coche pero non tivo que ser hospitalizado porque as súas feridas non foron graves, a pesar do aparatoso deste accidente de tráfico.
Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.
Ana Veiga mentiu. Cando era teleoperadora do teléfono do coronavirus, mentiu para tentar salvar vidas. "Eu forcei PCRs" recoñece nesta entrevista porque "había xente que chamaba con todos os días e ao final non se pasaba ao 061 porque eles tamén estaban saturados".
Os rastreadores telefónicos do coronavirus traballan dunha forma "cáotica total". Son menos de 50 por quenda, sen formación, para seguir a miles de confinados e aos contactos próximos duns 200 novos contaxiados cada día. Este é o resumo do testemuño de María, unha enfermeira que traballou durante meses na nave do Grupo Konecta en Bergondo. Contrastado o seu relato coa Xunta, Sanidade desmente que os teleoperadores carezan de formación e a suposta descordinación co SERGAS.