Falece motorista nun accidente múltiple en Guísamo (Bergondo)

Un motorista duns 35 anos de idade faleceu na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-VI ao seu paso polo termo municipal de Bergondo (A Coruña).

|

Un coche chocou contra un camión e ao rebotar levou por diante a moto que conducía o mozo 


Un motorista duns 35 anos de idade faleceu na mañá deste luns nun accidente de tráfico rexistrado na estrada N-VI ao seu paso polo termo municipal de Bergondo (A Coruña).


Lugar accidenet guisamo crtvg

Lugar do accidente nunha imaxe da CRTVG 


Segundo informou fontes municipais, o sinistro tivo lugar sobre as 8,20 horas deste luns no quilómetro 580 da N-VI ao seu paso pola parroquia de Guísamo, en Bergondo.


O motorista falecido, natural de Acea de Ama, circulaba en moto en sentido Betanzos cando recibiu o impacto dun coche que saíra rebotado tras chocar contra un camión, circulando ambos en sentido A Coruña, relataron as mesmas fontes municipais.


Ata o lugar do sinistro acudiron efectivos de Protección Civil, Bombeiros de Betanzos, Garda Civil de Tráfico e persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo engadiu o 112, tamén foi informada a Policía Local.


O 061 enviou ao lugar do sinistro unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como un equipo sanitario de Guísamo, que confirmou o falecemento no punto do home O.M.P., sinalaron a Europa Press fontes sanitarias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE