konecta

Menos de 200 telerastreadores de Konecta en Galicia para seguir a onda de coronavirus de decembro

Unha empresa privada encárgase de rastrexar a distancia aos positivos de covid en Galicia. O total de telerastreadores oscilou moitísimo durante a pandemia e creceu algo nos últimos meses.

A Xunta manda aos médicos non pedir PCRs a contactos estreitos, baixan os test e o Goberno di que é para "evitar duplicidades"


A publicación da orde enviada aos médicos de familia para que non encarguen PCRs a persoas que son contactos estreitos de positivos desata unha gran polémica. O Goberno deféndese asegurando que así se evitarán duplicidades nun sistema no que os seus propios expertos recoñecen "problemas de coordinación". Algúns galenos rebélanse contra a instrución.

"Choraba porque non lle facían PCR e víase que estaba mal e o máis probable é que morrese"

Ana Veiga mentiu. Cando era teleoperadora do teléfono do coronavirus, mentiu para tentar salvar vidas. "Eu forcei PCRs" recoñece nesta entrevista porque "había xente que chamaba con todos os días e ao final non se pasaba ao 061 porque eles tamén estaban saturados".

Ex-rastrexadora desvela que o sistema é unha "broma" e a Xunta rebate asegurando que hai medios e formación adecuada


Os rastreadores telefónicos do coronavirus traballan dunha forma "cáotica total". Son menos de 50 por quenda, sen formación, para seguir a miles de confinados e aos contactos próximos duns 200 novos contaxiados cada día. Este é o resumo do testemuño de María, unha enfermeira que traballou durante meses na nave do Grupo Konecta en Bergondo. Contrastado o seu relato coa Xunta,   Sanidade desmente que os teleoperadores carezan de formación e a suposta descordinación co SERGAS.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE