corrupción

Alcalde vaise de viaxe a Lourdes pero pasa dietas coma se estivese en Santiago, revela a oposición
O Partido Socialista ha acusado ao alcalde de Trazo (A Coruña), José Dafonte (PP) de cobrar dietas por "supostas visitas institucionais" a Santiago de Compostela realizadas en datas nas que tiña delegadas as súas tarefas por atoparse de vacacións e de viaxes en Lourdes (Francia) no País Vasco.
Feijóo insiste en que o PP non está condenado por corrupción

Feijóo asegurou que lle "repugnan" e que lamenta as "corruptelas descubertas" no Partido Popular. "É evidente que no seo do Partido Popular producíronse graves erros de control, por iso hai un extesorero condenado e varios alcaldes condenados", manifestou.

Segue en directo a moción de censura contra Mariano Rajoy

Rajoy pon en cuestión o fallo sobre Gürtel, presumindo de que "a sentenza non é firme nin é unánime". Antes, Ábalos (PSOE), presentou  "unha mocion de censura para defender a Constitución,recuperar a normalidade, para sacar a corrupción, para falar de dereitos, de precariedade". Mentres, todos pendentes do PNV.

O si do PNV á moción a Rajoy dispara as quinielas sobre o futuro de Feijóo

A dirección nacionalista vasca comunicou ao Goberno que votará a favor da moción de censura presentada por Pedro Sánchez. Mariano Rajoy podería dimitir para forzar eleccións, o que deixaría vacante en principio o liderado do PP a nivel estatal. Un posto para o que o presidente da Xunta é, en teoría, o mellor colocado. De feito o presidente de Cantabria xa o propuxo. Vídeo en directo do debate.

Prisión eludible con fianza de 200.000 euros para a muller de Bárcenas pola trama Gürtel

Rosalía Iglesias está condenada a 15 anos de prisión pola súa implicación na primeira época da trama Gürtel.

A inspección "extraordinaria" ao xulgado de Pilar de Lara prolóngase máis do habitual

A inspección do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) a un xulgado dura normalmente dous ou tres días. A inspección ao Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo dura xa unha semana, continúa e, segundo fontes oficiais do TSXG consultadas por Galiciapress, é "extraordinaria".


Feijóo chama a baróns para renovar o PP e insiste que Rajoy debe pedir desculpas

A sentenza da Gürtel e a moción de censura sitúan ao líder galego de novo como favorito para unha eventual substitución do presidente do Goberno. Feijóo di apoiar a Rajoy pero -desmarcándose do argumentario oficial- insiste en que hai que desculparse e lembra que os políticos deben ser útiles antes que importantes.


Histórico alcalde do PP enfróntase a catro anos de prisión

A traxectoria política de Antonio Pensado -actual número 2 de Coristanco- parece truncada. A Xustiza vai xulgar por prevaricación e a fiscalía pídelle catro anos por, entre outras cousas, o desvío de material a familiares. 

Os mestres do cotero

22 de maio do 2011. Probablemente que as clases populares lembrarán esta data como unha das mais negras na historia recente de España e, xa que logo, de Galicia. Unha xornada na que se celebraron eleccións xerais cuxo resultado doulle ao o Partido Popular o control absoluto do Parlamento, o Senado e tamén dos mais importantes órganos xudiciais (Consello Xeral do Poder Xudicial, Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, Fiscalía Xeral do Estado). Ganou as eleccións e puxo de presidente a Mariano Rajoy, seguramente un dos políticos mais anódinos e mediocres –non é que os anteriores, por caso J.M. Aznar e J.L. Rodríguez Zapatero, foran especialmente brillantes- que un pode coñecer. Probablemente iso suceda, pero estas clases non deberan esquecer outra data posterior, 26 de xuño do 2016, cando nunhas novas eleccións xerais o Partido Popular volveu a ser o partido mais votado o que lle posibilitou repetir a investidura de Mariano Rajoy como presidente aínda que esta vez fora grazas ao apoio de Ciudadanos. Deste xeito o Partido Popular leva sete anos gobernando en España, os mesmos que Mariano Rajoy leva como presidente. Todo un éxito político para o Partido Popular e para o propio M. Rajoy.

Nove anos despois, primeiro xuízo da Operación Pokemon

Tras a enorme lentitude da instrución da macrocausa que sacudiu a política galega, a primeira peza chega á fase de xuízo oral. O que fose responsáble da Confederación Hidrográfica enfróntase a cinco anos de cárcere por montar supostamente unha rede caciquil que incluía chofer particular, obras na súa leira e o envío de angulas.

Condenado por prevaricación o ex-alcalde de Ourense

Acaba de publicarse a sentenza do Xulgado do Penal número 2 de Ourense referida ao coñecido caso das asistencias técnicas. A Xustiza condena a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por un delito de prevaricación administrativa a Francisco Rodríguez Fernández (alcalde do PSdeGe n o momento dos feitos) e a outros tres concelleiros e cargos do concello ourensán.

​Queda "moita tea que cortar" contra os paraísos fiscais europeos

O eurodeputado do PSOE Ramón Jáuregui revela que houbo un pacto para excluír os países europeos da lista.

​O 80% dos casos de corrupción acaba en condena

No terceiro trimestre de 2017, os xuíces abriron xuízo oral ou procesaron por distintos delitos de corrupción a 14 persoas en Galicia.

A oposición ve o goberno empantanado pola corrupción e como un "lastre" para o país

O PSOE, Ciudadanos e Podemos cargan polas revelacións do caso Gürtel e o PP reclama que se demostren no xuízo.

​Pablo Crespo confesa pagos en negro en actos electorais do PP

O número dous da Gürtel e ex secretario de organización do PPdeG busca unha rebaixa de condena pola trama de corrupción.

Aprazado o xuízo da Gürtel valenciana á espera de confesións dos acusados

O ex secretario de Organización do PP de Galicia, Pablo Crespo, e 'O Bigotes' anuncian revelacións relevantes.

​Pobrecito mi patrón

Caso Palau: Chega tarde esta condena da Convergència do 3 ou o 4 por cento.

​A antiga Convergència, condenada no caso de corrupción do 'Palau'

A Audiencia considera probado o cobro de comisións irregulares a cambio de adxudicacións de obra pública.

Caso Palau: Millet garda moitos "segredos"

Ao final, todo chega para desgraza duns e alegría doutros que pensan que a xustiza aínda que lenta, actúa. Este 15 de xaneiro, coñecerase a sentenza do Caso Palau que desde que se destapase , no 2009, ata agora, transcorreron uns cantos anos.

​A senadora galega Pilar Barreiro, citada para declarar no Supremo pola trama Púnica

A política popular, electa por Murcia, está investigada por cinco delitos no caso de corrupción.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE