​O 80% dos casos de corrupción acaba en condena

No terceiro trimestre de 2017, os xuíces abriron xuízo oral ou procesaron por distintos delitos de corrupción a 14 persoas en Galicia.


|

Corrupcion billetes



Os xuíces de Galicia abriron xuízo oral ou procesaron por corrupción a 14 persoas en Galicia no terceiro trimestre de 2017. Neste mesmo período, concluíuse un único procedemento vinculado á corrupción na comunidade.


No conxunto de España, o número de procedementos elévase a 20 e os procesados son 99, que foron ou serán levados a xuízo por este tipo de delitos.


Así o revela o repositorio de datos sobre procedementos por corrupción do Consello Xeral do Poder Xudicial tras a incorporación da información correspondente ao terceiro trimestre do ano. O repositorio, que foi presentado o pasado 12 de xaneiro, é de acceso público na web www.poderjudicial.es.


A información que se ofrece nel corresponde á denominada corrupción pública, entendendo que é esta a que máis altos índices de preocupación inspiran na cidadanía. Estes procedementos están relacionados con funcionarios públicos, gobernantes e políticos no exercicio dos seus cargos, e teñen en común o uso de diñeiro público.


Estes fenómenos recóllense no Código penal como delitos de prevaricación urbanística, prevaricación administrativa, suborno, tráfico de influencias, malversación ou fraudes, entre outros.


UN 80,9% DE SENTENZAS CONDENATORIAS


Entre os pasados 1 de xullo e 30 de setembro, os Xulgados e Tribunais españois ditaron 21 sentenzas en procedementos por corrupción --unha en Galicia--, das que 17 foron total ou parcialmente condenatorias, o que representa o 80,9 por cento do total. No caso galego a sentenza resultou condenatoria sen conformidade.


Os delitos que con maior frecuencia aparecen nesas sentenzas son, por esta orde, os de prevaricación administrativa, malversación e prevaricación urbanística.


Por último, o repositorio ofrece os datos de presos, ben por estar condenados ou en situación de prisión preventiva. Ao 1 de xaneiro deste ano había en España 74 penados --en 40 casos, co de malversación como delito principal e noutros 21 co de suborno-- e 13 preventivos.


relacionada A oposición ve o goberno empantanado pola corrupción e como un "lastre" para o país
relacionada ​Pablo Crespo confesa pagos en negro en actos electorais do PP
relacionada ​O Consello de Europa reprende a España polos avances "limitados" contra a corrupción
relacionada España é o país europeo onde os cidadáns perciben máis corrupción
relacionada Anticorrupción considera acreditada a caixa B do PP e que Bárcenas meteu a man

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE