Catro días de folga de técnicos sanitarios con servizos mínimos fixados pola Xunta
O Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios convoca os paros para os días 30 e 31 de outubro e o 3 e o 4 de novembro.
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou este mércores a orde da Consellería de Sanidade pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga de ámbito nacional convocada polo Sindicato Estatal de Técnicos Superiores Sanitarios os días 30 e 31 de outubro e o 3 e o 4 de novembro.
De acordo á mesma, mantéñense, sinala o departamento autonómico, "os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a pacientes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente a persoas usuarias e os servizos sanitarios que non poden aprazar sen consecuencias negativas para a saúde".
No ámbito da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos deberase garantir a cobertura do servizo, igual que na Fundación Pública de Medicamento Xenómico no caso de probas urxentes e inaprazables.
En canto a persoal en institucións públicas e privadas, haberá unha cobertura do 100% na actividade urxente, "dado que non é posible prever as necesidades por non ser unha actividade programable". Noutras áreas de traballo, establecerase, con carácter xeral, un número equivalente de domingos ou festivos.
Escribe o teu comentario