Agora mesmo o epicentro da pandemia en Galicia está nas comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa e Terra de Lemos, con varios municipios con incidencias semanais superiores a 250, en negro no mapa que a diario actualiza Galiciapress coas cifras do SERGAS.
O bajón de diagnósticos prodúcese ademais á vez que cae a proporción de probas que dá positivo. Os casos activos continúan baixando, estamos nuns 7.100, un nivel equivalente a mediados de xullo.
Baseándose na experiencias de epidemia previas (aínda que vagamente lembradas), análises contemporáneas e novas investigacións de vangarda dunha variedade de disciplinas científicas, o autor de éxito de vendas, médico, sociólogo e experto en saúde pública Nicholas A. Christakis explora o que significa vivir nunha época de pandemia, unha experiencia que, paradoxalmente, é pouco común para a gran maioría dos humanos que están vivos, pero que é profundamente fundamental para a nosa especie.
Os 818 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para manter o ritmo de baixada dos índices semanais da pandemia. Ademais, aínda que os hospitalizados aumentan, confírmase que o pico de presión nos hospitais vai quedando atrás.