Galicia logra a maior caída de casos activos desde febreiro e a baixada de positivos covid acelera


|


Os 768 novos positivos por PCR comunicados hoxe dan outro empuxón á melloría dos índices da pandemia en Galicia, que gaña velocidade por segundo día consecutivo. 


Na fronte hospitalaria as noticias tan ben son boas e parece que alcanzamos o pico de ingresados, aínda que sexa en parte a un claro repunte da letalidade con, por exemplo, 10 mortes en dous días, 5 onte.



 

incidencia acumulada semanal cae a 227 desde 239 positivos por cada 100.0000 galegos onte. Poñémonos así en niveis de mediados de xullo tras dúas semanas de baixadas consecutivas. 


incidencia acumulada a 14 días baixa de 516 a 504 tras doce días de baixadas inenterrumpidas.


O dobre da incidencia semanal (454) é menor que a incidencia bisemanal (504). A razón de taxas é do 0,90 o que indica que, aproximadamente, na última semana houbo un 10% menos de positivos que na penúltima. 


Son boas noticias porque onte era un descenso do 7%, antonte do 6% ... A retirada da pandemia volve coller velocidade, deixando atrás uns días en que parecía que nos dirigiamos a un estancamento.


A taxa de positividade onte foi do 10,9%. Non é un bo dato, pero é o mellor desde o 11 de agosto. 


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

Segundo os  criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia segue no segundo peor dos niveis posibles.  O país necesita baixar de 10% para pasar a risco medio, aínda esamos no 13%. As baixadas dos últimos días alimentan esperanzas de conseguilo nas próximas semanas.



A incidencia semanal necesita baixar de 125 para saír do risco extremo actual e poder entrar en risco alto. Parece moi complicado conseguilo antes de finais de agosto e é clave logralo antes do inicio do curso, cando a poboación non vacinada reunirase nas aulas.



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un  -3,4%. É un gran resultado, o mellor desde o 12 de xuño. A media semanal, o indicador máis relevante, benefíciase e avanza na boa dirección  pasando do -2% ao -2,5%. 


Levamos xa unha semana de algarismos negativos, o que implica que a presión sobre o sistema de rastrexo está a diminuír. 





En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  de -560, a mellor cifra desde o 19 de febreiro, cando empezamos a superar a terrible terceira onda. O total de casos activos queda en 15.546. 


Ou0uY2 varici n de casos activos en galicia



CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia acelera a súa retirada. Encadeamos dous días 'normais' -con datos non procedentes da fin de semana- por baixo dos 1.000 novos diagnósticos, algo nunca visto nesta quinta onda. 
  • Uno dos principais problemas é a elevada taxa de positividade. O SERGAS está a ser incapaz de responder a esta onda cos mesmos niveis de PCRs que a outras, en parte debido ao pasotismo dunha parte da poboación que ignora os cribados.
  • Os índices de contaxio, aínda que á baixa, seguen sendo moi elevados. É unha situación potencialmente moi perigosa para setembro, cando se dispara a mobilidade entre os escolares, non vacinados aínda.


DATOS POR ÁREAS

A Coruña (229) e Vigo (190) volven ser as áreas con máis novos positivos, o que é normal pois son as máis poboadas. Pontevedra sofre hoxe un repunte fronte a cifras respecto a os días pasados, ao superar o centenar de novos diagnósticos.




A presión nas UCIs descendeu levemente nas últimas xornadas, hai 51 críticos cando chegou a haber 55. Unha melloría que desgraciadamente se debe a un repunte nos falecementos, repunte que aínda debería prologarse lamentablemente polo menos unha semana. Galicia supera hoxe a marca dos 2.500 falecidos. Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE