A caída de positivos mantense pero repuntan os falecementos a 25 mortes á semana
Os 818 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para manter o ritmo de baixada dos índices semanais da pandemia. Ademais, aínda que os hospitalizados aumentan, confírmase que o pico de presión nos hospitais vai quedando atrás.
Os 818 novos positivos por PCR comunicados hoxe serven para manter o ritmo de baixada dos índices semanais da pandemia. Ademais, aínda que os hospitalizados aumentan, confírmase que o pico de presión nos hospitais vai quedando atrás.
O peor dos datos recentes é a alza da taxa de letalidade. Segue sendo moi baixa comparada con outras épocas, menos de tres falecementos por cada 1.000 diagnósticos, pero a súa media móbil mensual triplicouse. Proba de que o virus empeza a correr entre os maiores vacinados e é capaz de matar a algunhas persoas. No últimos tres días faleceron 14, 25 nunha semana.
Así, a incidencia acumulada semanal redúcese a 220 positivos por cada 100.000 galegos, sete puntos menos que onte e o mellor número desde hai case un mes.
A incidencia acumulada a 14 días cae de 504 a 489 acelerando unha baixada que dura 15 días sen interrupcións.
O dobre da incidencia semanal ( 440 ) é menor que a incidencia bisemanal ( 489 ). A proporción entre estes dous números, coñecida como razón de taxas, é de 0,90. Isto quere dicir que a pandemia está a perder terreo, na última semana houbo un 10% menos de positivos que na penúltima. Ese ritmo de caída do 10% semanal é o mesmo que onte e está preto do máximo rexistrado na quinta onda, o 11%.
A taxa de positividade repunta un pouco hoxe e sobe ata o 11,5%. Con todo, o indicador que máis importa, lamedia semanal, dá outro pasito atrás, pasa do 13,2% ao 12,8%.
SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS
Ao 12,8%, segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, correspóndelle o segundo peor de os niveis posibles, risco alto. Con todo, esta semana este índice caeu dous puntos. Se mantén este ritmo outra semana máis pode poñerse por baixo de 10% e Galicia entrar risco medio.
Para que a incidencia acumulada semanal entre en risco medio falta moitísimo, con sorte en setembro. Primeiro hai que baixar de 125 para entrar en risco alto e ao ritmo que levamos agora tardaremos unhas dúas semanas en conseguilo. Corremos o risco de ter que empezar o curso en risco extremo ou alto, unha situación potencialmente explosiva.
EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS
O total de infectados descende hoxe un -2,51% .A media semanal, o indicador máis relevante, complete avanza na boa dirección, aínda que hoxe moi pouco, pasa do -2,56% ao -2,58%.
Este case estancamento da derivada da curva de casos activos non é unha boa noticia. Hai que lembrar que este índice é o máis fiable para estimar que ritmo collerá a pandemia nos próximos días.
En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso -390 ,que deixa o total en Galicia en 15.156 casos activos.
CONCLUSIÓNS
Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:
- A pandemia está a perder terreo e a velocidade da súa retirada mantense constante, ao redor dun 10% menos de positivos á semana.
- Ademais, a retirada é xeneralizada. Aínda que está menos avanzada na Coruña, os casos activos e os positivos remiten en todos os distritos sanitarios.
- O estancamento da derivada de casos activos é preocupante. Con todo, é recente, só produciuse hoxe, polo que aínda non se poden extraer conclusións.
- Co pico de positivos conquistado hai varias semanas, debemos estar a alcanzar o pico de presión nas plantas convencionais dos hospitais. Tras o +3 de hoxe, hai 269 hospitalizados en planta. O pico poida que fose hai tres días, con 291.
- Desgraciadamente, a moderación da alza da presión hospitalaria ten que ver co aumento dos falecementos. Na última semana faleceron 25 persoas, a peor cifra desde a terceira onda do inverno. Co virus correndo entre persoas vacinadas pero maiores e algunhas de saúde fráxil, faise necesario abrir o debate dunha terceira dose para os anciáns.
DATOS POR ÁREAS
A Coruña (280) e Vigo (219) volven ser os distritos con máis novos diagnósiticos, o que é normal pois tamén son os máis poboados. Ningunha outras das áreas suma máis de 90 positivos. A Coruña é o distrito con máis presión en coidados intensivos, xa ten 18 enfermos críticos.
Escribe o teu comentario