Así é o aforo para eventos deportivos en Galicia segundo as novas normas publicadas hoxe

|

O Diario Oficial inclúe hoxe venres as novas medidas para as competicións deportivas. O público, sempre sentado, poderá, no mellor dos casos, ocupar o 75% do aforo.


false



DOUS TIPOS DE AFOROS

No nivel de restricións máximo, aquelas celebradas en instalacións cunha capacidade máxima permitida ata 1.500 persoas, poderán desenvolverse sen superar o 50% do seu aforo.


Iso si, neste nivel máximo,  o público asistente debe estar sempre sentado, garantindo 1,5 metros de separación entre grupos de persoas non conviventes e cun límite máximo de 250 persoas para lugares pechados e de 500 persoas en actividades ao aire libre.


No resto de niveis, poderán desenvolverse sen superar o 75% da capacidade permitida, sempre que o público permaneza sentado, con 1,5 metros de separación entre grupos de persoas non conviventes e cun límite máximo de 500 persoas para lugares pechados e de 1.000 persoas para actividades ao aire libre. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress