Excelentes noticias ao lograr Galicia caer a risco baixo na súa taxa de positividade e sumar só 234 positivos


O bajón de diagnósticos prodúcese ademais á vez que cae a proporción de probas que dá positivo. Os casos activos continúan baixando, estamos nuns 7.100, un nivel equivalente a mediados de xullo. 


|


Os 234 novos positivos por PCR comunicados hoxe é a mellor cifra en case dous meses e serve para darlle outro empuxón a unha melloría cada vez máis veloz.


A caída de diagnósticos prodúcese ademais á vez que cae a proporción de probas que dá positivo. Os casos activos continúan baixando, estamos nuns 7.100, un nivel equivalente a mediados de xullo. 




incidencia acumulada semanal cae máis de dez puntos nunha soa xornada. Pasamos de 96 a 84 positivos por cada 100.000 galegos en sete días. É o mellor rexistro desde o 8 de xullo.


incidencia acumulada a 14 días baixa 18 puntos nun só día, de 240 a 222. Afastámonos pois da barreira dos 250, que é a que delimita o risco extremo no semáforo de alertas. Non estabamos fóra de risco extremo desde mediados de xullo.


O dobre da incidencia semanal ( 168 ) é moi inferior a a incidencia bisemanal ( 222 ). Sabemos pois que na última semana houbo moitos menos positivos que na penúltima. Cantos? Un 24% menos, pois a razón de taxas cae ata 0,76. Para atopar unha baixada tan rápida da pandemia temos que remontarnos ao 6 de marzo, na retirada da terceira onda, cando a razón de taxas chegou a ser de 0,75%. 


Esta mellora está a producirse sen que repunte a taxa de positividade. Non é por tanto produto de menos probas. A taxa de positividade de onte foi do 5,9%, en liña cos valores dos últimos días.


SITUACIÓN DOS INDICADORES NO SEMÁFORO DE ALERTAS

De feito, a media móbil semanal da taxa de positividade segue baixando por décimo día consecutivo e ponse no 6,7%. Segundo os criterios do semáforo de alertas oficial, a taxa de positividade de Galicia está en risco baixo. É a primeira vez que Galicia conquista este nivel desde mediados de xullo, ao lograr baixar do 7%.





Para alcanzar o risco medio na escala da incidencia semanal necesitamos baixar a 75 e estamos a 84. Con todo, o rapidísimo retroceso da pandemia nos últimos días apunta a que o podemos conseguir mesmo antes de que acabe a semana. 




EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un -4,7%, o maior descenso porcentual en dúas semanas .A media semanal, o indicador máis relevante para estimar o rumbo da pandemia, afástase máis de cero, pasando de -3,2% a -3,6%. É case a mellor porcentaxe nesta fase de retirada da quinta onda. 




En termos absolutos, as porcentaxes de hoxe equivalen a un descenso  -359,que deixa o total en Galicia en  7.163 casos activos. 


CONCLUSIÓNS

Con todas estas estatísticas sobre a mesa, podemos inferir que:

  • A pandemia baixou un banzo grande nos últimos días. A velocidade de retroceso está case en máximos de toda a pandemia, coa diferenza que en fases de mellora previas había importantes restricións e agora son moito menos estritas. A explicación é, por tanto, o avance da vacinación.
  • Non hai ningún indicio de repunte nos próximos días. De seguir así, é probable que Galicia logre empezar o curso coa incidencia acumulada semanal, que aínda é o principal indicador oficial, en risco medio.
  • A Administración baralla substituír o principal indicador nos próximos días, pasando a ser as hospitalizacións. Aí a mellora de Galicia é máis recente e máis ténue. Hoxe sumamos un hospitalizado en planta máis, son 154, un nivel similar a finais de xullo pero un 43% menos que no pico de mediados de agosto. 

  • O pico de falecementos desta quinta onda tamén parece quedar atrás, pero aínda están a morrer varios galegos todos os días, onte tres. En agosto faleceron 109. A media móbil a 30 días da taxa de letalidade segue crecendo e ponse no 0,65%.  


DATOS POR ÁREAS

A Coruña (61) é a área que máis novos positivos achega hoxe. Con todo, en función ao seu tamaño, son bastante peores as cifras de Lugo (53) e Santiago (52). A presión nas UCIs segue sendo notable, con 16 críticos con covid na Coruña e 9 en Vigo.




Máis datos a nivel municipal e de distrito do SERGAS nuns minutos en Galiciapress. 


JsiEJ  b media m vil semanal da taxa de positividade de probas pcr en galicia b  (1)




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE