Outro brote máis de covid nunha granxa de visión, en Curtis, e os ecoloxistas insisten en que se deben pechar
As condicións de amontoamento destes animais, criados para sacrificar polas súas peles, facilitan a propagación do coronavirus
Case a metade das granxas galegas de visóns sufriu focos de covid, polo que é evidente que son un potencial reservorio de virus que pode dar lugar a mutacións perigosas
As condicións de amontoamento destes animais, criados para sacrificar polas súas peles, facilitan a propagación do coronavirus
Case a metade das granxas galegas de visóns sufriu focos de covid, polo que é evidente que son un potencial reservorio de virus que pode dar lugar a mutacións perigosas
Imaxe de arquivo dun visón europeo / ep
Un novo brote de coronavirus nunha granxa de visóns no municipio de Curtis (A Coruña) eleva a unha ducia o total de focos en Galicia desde o inicio de pandemia.
Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural informa de que no caso de Curtis hai 11.600 visóns na explotación --8.500 crías e 3.100 reprodutoras--, onde se detectaron catro mostras positivas.
NOVE MESES DE BROTES
A comunidade galega conta con 25 granxas --con 71.479 reprodutoras--, das cales a metade xa contaron con brotes de coronavirus. Supón a maior parte do volume de negocio do sector no Estado, tendo en conta que tres cuartas partes do total de explotacións sitúanse na comunidade galega.
O primeiro foco en Galicia detectouse en xaneiro deste ano nunha granxa da Baña, onde foron sacrificados os seus 3.100 visóns. O segundo localizado foi en febreiro en Santiago.
Desde xuño disparáronse os casos en granxas de visóns en Galicia, con oitos brotes en pouco máis dun mes en explotacións coruñesas: Carral, Santiago, Abegondo (2), A Baña, Oza-Cesuras, Negreira e Sobrado dos Monxes. Posteriormente, produciuse un foco en Abegondo en agosto e agora este de Curtis.
CONTROL VETERINARIO
A Consellería do Medio Rural explica que, con base no programa de prevención do Goberno central, procédese á inmobilización desta explotación de Curtis, con control por parte dos veterinarios de Medio Rural para avaliar as actuacións para levar a cabo.
Precisamente, entidades ecoloxistas reclamaron no último ano o peche das granxas de visións galegas polo seu perigo ante a incidencia de brotes de coronavirus.
Escribe o teu comentario