Local hostaleiro violando as restricións covid e sen licenza denunciado pola Policía Local de Lugo

A Policía Local de Lugo denunciou a un establecemento hostaleiro da cidade por ter clientes consumindo bebidas tras a hora de peche establecida no marco da pandemia pola Covid-19, así como por desenvolver a súa actividade sen licenza.

|

Os axentes xa levantaron actas nesa zona en pasadas ocasións por violación das normas anti covid. A última onte pola noite, cando saen de festa moitos universitarios.


Cale Pintor Villamil en Lugo nunha imaxe de Google Street View

Cale Pintor Villamil en Lugo nunha imaxe de Google Street View



A Policía Local de Lugo denunciou a un establecemento hostaleiro da cidade por ter clientes consumindo bebidas tras a hora de peche establecida no marco da pandemia pola Covid-19, así como por desenvolver a súa actividade sen licenza.

Segundo informou a Policía Local, no marco do control das normas Covid na madrugada deste venres efectivos do Grupo Operativo Nocturno realizaron unha inspección en un local de hostalería de cálea Pintor Villamil.

Os axentes detectaron que este local atopábase aberto ás 2,25 horas, "cando o seu horario de peche é a 1,00", matizan as mesmas fontes policiais, con clientes no interior que consumían bebidas. Por iso, realizaron acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Así mesmo, comprobaron que este local desenvolvía a actividade "sen licenza ou autorización administrativa de funcionamento", polo que tramitaron acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tamén os axentes municipais realizaron tres actas de denuncia por consumo de bebidas alcohólicas na vía pública e identificaron os mozos, que foron propostos para sanción por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE