comercio

Ao galego non lle dan espazo nos xoguetes

Elsa Quintas, vicepresidenta da Mesa e directora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, atende a Galiciapress para explicar as dificultades ás que se enfrontan os consumidores para atopar xoguetes en lingua galega, uns produtos que, segundo o último informe realizado pola Mesa, representan só o 0,69% do mercado fabricante de xoguetes.

O ‘Eixo Atlántico’ contará con 4,3 millóns para os seus proxectos

O orzamento do ‘Eixo Atlántico’ para o próximo 2019 será de 4,3 millóns de euros, despois da aprobación da comisión executiva, aínda que queda ser ratificado pola asemblea xeral o próximo febreiro para que sexa efectiva.

​GiFi aterra en Galicia cun investimento dun millón de euros

A cadea francesa de produtos para o fogar escolleu Santiago de Compostela para abrir a súa primeira tenda, o próximo 17 de novembro 

Como interpretar o aumento das exportacións en Galicia?


Nos últimos exercicios pódese ir observando como as administracións tratan de sacar músculo tomando os datos de exportación como referencia. Sen dúbida, nunha economía como a galega que padeceu unha fonda crise como a iniciada hai xa dez anos e que derivou no derrube da demanda interna, unha das formas de procurar os ingresos que non se producían nos mercados propios foi potenciar a saída cara o exterior. Froito da aposta por esta alternativa e do proceso de recuperación da economía global -que permite tamén a outros países aumentar o consumo-, as cifras de exportacións en Galicia non cesan de aumentar. Pero…é este crecemento equilibrado? 

O comercio galego cre que o 'Black Friday' lle pasa factura ás vendas do Nadal

O presidente da Federación Galega do Comercio asume que "a xente aproveita estas rebaixas para anticipar as compras".

A metade dos comercios da provincia de Lugo pode vender a través de Internet

É a estimación da Federación Galega de Comercio sobre un sector que dá traballo a 12.500 persoas.

A Deputación da Coruña adhírese á campaña 'En negro' contra a violencia machista

O ente provincial reuniuse con representantes municipais para avanzar na coordinación.

Concentración este domingo en contra do proxecto de Porto Cabral

Para as asociacións contrarias ao "macro" centro comercial, sería prexudicial para o monte e para o comercio local.

O Reino Unido propón unha "unión aduaneira" coa UE para evitar o "precipicio" do Brexit

O Goberno de Theresa May preséntao como unha ferramenta temporal, para "unha transferencia suave e ordenada cara ao novo réxime"

A creación de empresas descende un 14% en febreiro en Galicia

O comercio e a construción foron os sectores nos que se crearon máis novas empresas na Comunidade galega, con 111 e 67, respectivamente.

Os ocupados a tempo parcial aumentaron un 23% en Galicia desde o inicio da crise

Un estudo de Randstad mostra que os traballadores a tempo parcial supoñen o "13,1 por cento" do total de ocupados.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE