Os comerciantes vigueses únense contra o proxecto de Porto Cabral
Proxección do futuro centro comercial
Máis de 1.200 comerciantes de Vigo e os concellos limítrofes uníronse baixo a Plataforma 'Polo comercio local, Non a Porto Cabral'. O proxecto de Porto Cabral pretende a construción en Vigo dun dos maiores centros comerciais de Europa, promovido polo fondo de investimento luxemburgués 'Eurofund Investments'. Desde a plataforma estiman que a creación deste complexo supoñerá a perda de 6.000 postos de emprego, polo que cualifican o proxecto dun "golpe mortal ao comercio local".
A creación do macrocentro comercial afectaría non só á cidade de Vigo, senón que repercutiría negativamente noutros comercios de localidades como Baiona, Mos, Moaña ou Nigrán entre outros. Desde a plataforma advirten das promesas imposibles do grupo investidor, que aseguran a creación de miles de empregos e un importante empuxe á economía de Vigo. Os comerciantes que asinan o manifesto contra a creación do complexo en Porto Cabral comprenden o 80% do sector afectado, ademais doutros empregos indirectamente afectados.
A plataforma reivindica que desde o grupo investidor han manipulado datos sobre a creación de emprego, o crecemento da riqueza na zona ou a sustentabilidade ambiental. Ademais, advirten que o traslado das opcións de lecer fose do centro urbano afectará á vida en Vigo, asegurando que poñerá en perigo "a seguridade veciñal e converterá Vigo nunha cidade máis perigosa".
En canto aos custos da construción do centro comercial, supoñería a destrución de 600.000 m2 de monte e poñería supoñer a destrución de 70 vivendas, afectado a 200 persoas residentes na parroquia de Cabral. A contaminación, motivada polo uso de vehículos para chegar ata o complexo e o consumo de enerxía do mesmo, é outro dos puntos nos que fai fincapé o comunicado da plataforma.
Desde a plataforma solicitan á Xunta de Galicia, ao Concello de Vigo e aos concellos lindeiros que non apoien á iniciativa dun grupo investidor estranxeiro do que dubidan polo descoñecemento do seu plan económico a longo prazo, os empregos que ofertan e as súas condicións laborais ou onde van ir os beneficios xerados polo centro comercial.
Escribe o teu comentario