​GiFi aterra en Galicia cun investimento dun millón de euros

A cadea francesa de produtos para o fogar escolleu Santiago de Compostela para abrir a súa primeira tenda, o próximo 17 de novembro 


|

A cadea francesa de produtos para o fogar escolleu Santiago de Compostela para abrir a súa primeira tenda, o próximo 17 de novembro


Galicia é a terceira comunidade autónoma pola que apostou GiFi no seu plan de expansión por España. En 2019, a firma prevé unha nova apertura en Vigo 


A empresa francesa de decoración e produtos para o fogar, GiFi, elixiu a cidade de Santiago de Compostela para abrir o seu primeiro establecemento en Galicia. Este emprazamento de 1.200 metros cadrados, que se inaugurará no parque comercial de Costa Vella o próximo 17 de novembro, supuxo un investimento de máis dun millón de euros, segundo datos dun comunicado da empresa



Gifi costa vella


A cadea francesa prevé continuar co seu plan de expansión nesta rexión con a apertura dunha nova tenda en Vigo a comezos do ano que vén e realizará unha decena de aperturas no resto de España.


A tenda de Santiago, que "xerou 15 postos de traballo", é o sétimo punto de venda en España, xunto cos establecementos situados nas provincias de Valencia, Alacante, Barcelona e Xirona. C


O comercio aposta por produtos con "deseño orixinal a prezo alcanzable", cunha oferta adaptada ao consumidor da zona. Dispón máis de 20.000 referencias para o fogar, entre decoración, mobiliario, artigos de diversión, xoguete ou produtos do Nadal, dos cales un 75% presenta un prezo inferior a cinco euros.


Tras a adquisición da compañía de moda francesa Tati, GiFi posicionouse no primeiro posto do seu segmento en Francia, no que conta con máis de 483 tendas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE